23 de marzo de 2022. O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, despois de examinar a Conta Xeral de recadación do 2021 e a liquidación do presuposto do pasado ano informa que o Tripartito recadou 8.290.742,61€ en impostos e taxas da veciñanza de Poio.
«É unha cifra récord na historia do Concello de Poio, nunca os veciños de Poio tiveron que pagar tanto as arcas municipais», denuncia o voceiro popular.
Os populares teñen claro que isto é por “puro afán recadatorio do Tripartito”: «De media, un veciño de Poio paga 500€ en impostos municipais ao ano e iso é unha barbaridade», destaca Moldes.
«Todas os impostos baten récord de recadación, empezando polo IBI con 3.298.278,58€, seguido da taxa de basura con 1.231.629,90€, da viñeta dos vehículos con 705.083,88€, da taxa de saneamento con 658.917,35€, da taxa de auga con 591.407,37€, das Plusvalías con 555.541,27€», indica Moldes.
«É un auténtico espolio fical ao que o Tripartito está a facer aos veciños e veciñas de Poio e o máis grave e que non vai acompañado de mellora dos servizos como o auga ou na conservación de estradas nin na creación de novas infraestruturas municipais como pode ser un pavillón polideportivo, unha piscina municipal ou un auditorio cultural», indica Moldes.
«Non é que este espolio fiscal ao que ten sometido o Tripartito a veciñanza de Poio non vaia acompañado da mellora dos servizos senón que, por exemplo, en Poio hai 2.000 veciños sen auga e sen saneamento, 2.000 veciños que nin teñen servizos municipais básicos».
«No Tripartito xa sabemos que son especialistas en botarlle culpas de todos os males de Poio a todo o mundo menos a eles (á Xunta de Galicia, ao ORAL, ao partido da oposición, etc.) pero a realidade é que os veciños de Poio a quen máis impostos lles pagan é ao Concello de Poio».
«Máis impostos, máis débeda e máis préstamos e o resumo da lexislatura dos “3 gobernos” formados por BNG, PSOE e Avante Poio», conclúe Moldes.