O PP DENUNCIA QUE RIBADUMIA PERDE UNHA SUBVENCION DA DEPUTACIÓN PARA REHABILITACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO-CULTURAL

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DENUNCIA QUE RIBADUMIA PERDE UNHA SUBVENCION DA DEPUTACIÓN PARA REHABILITACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO-CULTURAL

    • Tódolos concellos da comarca do Salnés, salvo Ribadumia, recibiron axudas de ata 20.000€.
    • A voceira popular, Salomé Peña, cualifica de “moi mala” a xestión do tripartito.

     

    Ribadumia, a 14 de outubro de 2016. O Partido Popular de Ribadumia denuncia que o Concello de Ribadumia foi o único da comarca do Salnés que non solicitou e non recibiu axudas da Deputación para conservación do Patrimonio Histórico.

    A Deputación convocou unha liña de axudas destinada os concellos de menos de 50.000 habitantes dotada con 400.000€ para a rehabilitación do patrimonio histórico dos concellos. Nesta orde tiña cabida a restauración de bens inmobles de titularidade municipal que teñan valor arquitectónico, histórico, artístico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico así como os conxuntos urbanos, sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico. Así mesmo tamén se comprendían a adquisición de bens inmobles.

    Todos os concellos da comarca do Salnés, salvo Ribadumia, presentaron proxectos á convocatoria, recibindo axudas da entidade provincial de ata 20.000 euros. Entre as actuacións que se subvencionan no Salnés destacan proxectos como conservación de muíños, restauración de lavadoiros, cruceiros ou mesmo actuacións no patrimonio arqueolóxico.

     A voceira dos populares, Salomé Peña, criticou a pésima xestión que está a facer o tripartito, que carece dun liderato claro que marque as directrices da levanza do día a día do concello, o que provoca coma neste caso a perda de subvencións para a mellora do patrimonio histórico de Ribadumia.  “Ou non se enteran das axudas que se convocan ou, uns por outros, quedan sen solicitar”, di Salomé Peña, que recorda que o goberno actual conta con dous concelleiros (alcalde e tenente alcalde) e un asesor que non están a gañar o soldo que perciben do concello.

    Coa perda desta subvención da Deputación, o concello desbota a posibilidade de continuar coa restauración do patrimonio etnográfico iniciada polos gobernos do Partido Popular, ou mesmo, a posibilidade de investir no xacemento de Monte do Castro, en situación de abandono dende a chegada do tripartito.

    Salomé Peña ínstalle ao alcalde a tomar as rendas do concello e a coordinar os tres grupos políticos que conforman o goberno, de maneira que esta sexa a primeira e última subvención que o concello de Ribadumia perda.