Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP denuncia que a conta xeral de 2020 desvela que o Concello de Cuntis ten débedas por máis de un millón de euros

    • Hai case 800.000 euros de facturas gardadas no caixón desde hai cinco anos.
    • En 2020 superou os 225 días no pago a proveedores, cando a obriga legal está en menos de 30 días.
    • Amosan preocupación porque se poidan perder subvencións, parte dos tributos do Estado ou se impoñan sancións por non presentar aínda a documentación ao Tribunal de Contas.

     

    Cuntis, 20, decembro, 21.- O Partido Popular de Cuntis denuncia “as grandes débedas e os resultados económicos tan negativos” que presenta o Concello e que se recollen na Conta Xeral de 2020, que se debateu no último pleno municipal.

    Segundo a voceira popular, Isabel Couselo, o alcalde non deu ningunha explicación durante o pleno, “pois so cabería que recoñecese a súa mala xestión económica ao fronte do Concello”. O que si fixo, sinala, “foi rirse e interromper a miña intervención, coa única finalidade de desviar a atención sobre os datos que se estaban poñendo enriba da mesa. Igual é que lle resultan graciosas as enormes débedas que presenta o noso concello”.

    Recorda a popular que o Concello de Cuntis, que ten aproximadamente 3,5 millóns de euros de orzamento, presentou un remanente de tesouraría negativo de máis de 1 millón de euros en 2020, dos cales case 800.000 euros son facturas que seguen gardadas no caixón sen pagar, algunhas desde hai cinco anos. A esta cantidade, sinala, hai que engadir as débedas que se puideron adquirir durante este 2021, e que se coñecerán na conta xeral deste ano. “Son centos de traballos e encargos de empresas e autónomos, moitos deles locais, que levan máis de catro anos esperando a cobrar polos traballos que si fixeron”.

    Para os populares, “demóstrase así a total despreocupación do grupo socialista por quen si prestaron os seus servizos e si cumpriron co noso concello; e ademais queda constatado o comportamento neglixente deste grupo de Goberno pois todos eses traballos encargáronse con irregularidades de contratación”.

    Outro dato que pon de manifesto a mala xestión do Goberno local é que incumpre “con creces” o prazo de pago a provedores, superando os 225 días no ano 2020, cando a obriga legal está en menos de 30 días.

    O PP tamén destacou que máis doutro millón de euros dos ingresos do 2020 gastouse coas mesmas irregularidades, perfectamente detalladas en informes municipais. E resaltan que Informes de Intervención recoñecen que o Concello ten serias dificultades para afrontar o pago desas débedas e o resto de compromisos a curto prazo.

    Por último, o PP preguntou no pleno cando e como se van a pagar esas débedas: con novos créditos, con subidas de impostos ós veciños, ou simplemente seguirán sen pagar; cuestións para as que non tiveron resposta.

    Ademais temen que por non presentar aínda a documentación ao Tribunal de Contas, esta situación derive en denegación de subvencións e axudas, non recibir parte dos tributos do Estado e imposición de multas e sancións ao concello. “Todo por unha absoluta deixadez de funcións do grupo socialista”, conclúe.