Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP de Tomiño pide anular a modificación puntual do PXOM por incumprir a Lei e non representar os intereses da veciñanza

    • Esteban González Miranda cuestiona que excede as necesidades reais do concello, xa que queren incluír preto de 500 vivendas novas de tipoloxía de bloque cando no plan actual aínda hai parques de vivendas sen desenvolver.
    • “Estes cambios que trae o Goberno supoñen, entre outras cuestións, discriminar a uns propietarios fronte a outros. Mentres a uns propietarios se lles recalifica o chan de rústico a urbanizable, a outros se lles cambia de urbanizable a zona verde”.

     

    Tomiño, 4 de outubro de 2021.-  O Partido Popular de Tomiño solicita anular e deixar sen efecto a modificación puntual número 9 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, porque nin se axusta á Lei nin defende o intereses xeral dos veciños do concello. O grupo municipal presentou alegacións ao documento, co fin de “antepoñer os intereses dos veciños e do propio concello a unhas actuacións que distan moito da realidade urbanística de Tomiño”. Nesta liña, o voceiro Esteban González Miranda reclama “ao  Goberno local que reflexione sobre esta proposta e reconduza o plan aos verdadeiros intereses do concello e da poboación”.

    Os populares critican que as previsións de crecemento que plantexan desde o Goberno excede as necesidades reais do concello, xa que no PXOM vixente aínda hai parques de vivendas pendentes de desenvolver e xa queren facer unha reclasificación de terreo para incluír preto de 500 vivendas novas de tipoloxía de bloque, ou o que é o mesmo, unha edificabilidade residencial de 53.460 metros. Unha decisión que, ademais, conleva reclasificar solo rústico e pasalo formalmente a solo urbanizable residencial, dobrando así a edificabilidade vixente actualmente.

    “Están desprotexendo un solo rústico que por lei se atopa preservado do desenvolvemento urbanístico para convertelo en edificios en bloque impropios dun solo rústico”, cuestiona. E, pola contra, sinala, esta modificación tamén implica alterar zonas verdes previstas no PXOM, así como dos seus equipamentos. “Estes cambios que trae o Goberno supoñen, entre outras cuestións, discriminar a uns propietarios fronte a outros. Mentres a uns propietarios se lles recalifica o chan de rústico a urbanizable, a outros se lles cambia de urbanizable a zona verde”.

    Por iso, piden que o Goberno paralice esta modificación e reflexione sobre as súas intencións reais. “Esta modificación non xustifica o financiamento do desenvolvemento que se proxecta, nin a capacidade económica que terá que ter o concello a estes efectos, e tampouco se contempla un verdadeiro estudo da urbanización, coas necesarias reparcelacións e compesancións ds terreos e os custos que iso supón para os propietarios afectados, a quen non lls e lles informa, no documento, das repercusións que este proxecto ten”.