Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O Partido Popular consegue consenso para aumentar, flexibilizar e plurianualizar o Plan Concellos da Deputación para o ano 2022

    • Cubela destaca que “gracias ás negociacións iniciadas polo PP para intentar chegar a un consenso entre as 3 forzas políticas, conseguimos tres melloras moi importantes para os concellos pequenos e medianos desta provincia”.
    • Non renuncian a solicitar en convocatorias próximas que se inclúan no Plan Concellos “todos os cartos que se reparten en plans como o ReacPon, ou anteriores como o Reequilibrio ou Deporemse”.

     

    05, outubro, 2021.- O Partido Popular anunciou hoxe que apoiará o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o ano 2022, tras conseguir que o Bipartito aceptase consensuar as tres propostas do grupo provincial, que pasaban por aumentar os recursos do plan concellos, despois de que se conxelasen en 2021 e se reducisen en 2020; flexibilizar a porcentaxe de gasto que hai entre as tres liñas do plan; e plurianualizar a liña de investimento, de xeito que os concellos recibirán a maiores do plan de 2022 a parte correspondentes á liña 1 do plan de 2023, “unha medida fundamental neste momento de reactivación económica”, defendeu o voceiro popular Jorge Cubela.

    “Gracias ás negociacións iniciadas polo PP para intentar chegar a un consenso co Plan Concellos, conseguimos tres melloras moi importantes para os concellos pequenos e medianos desta provincia”, explicou, e destacou que estas achegas dos populares “van mellorar de xeito importante” o Plan Concellos 2021. “Levamos seis anos reclamando melloras, dicindo que este plan era insuficiente para os concellos, e agora se demostra que si era posible, que só fai falta vontade política”.

    Con todo, din os populares, “este acordo non é un cheque en branco. Cremos que aínda hai marxe de mellora nunha Deputación que conta cun orzamento de 164 millóns de euros”. Así, non renuncian a solicitar que en convocatorias próximas se inclúan no Plan Concellos “todos os cartos que se reparten en plans como o ReacPon, o Reequilibrio, ou Deporemse. Si o Plan Concellos é tan bo, porque estes plans non se reparte cos mesmos criterios?”.

    Cubela considera que é moi positivo para a provincia e para os concellos que este plan saía aprobado por unanimidade, recollendo as aspiracións dos diferentes grupos políticos, pero sobre todo de todos os alcaldes e alcaldesas que esperan desta deputación unha resposta que estea á altura das circunstancias. “O PP sempre tivo a man tendida para chegar a consensos que melloren a situación dos concellos e da provincia, fóra de confrontacións políticas. A actitude durante a pandemia foi exemplar, apoiando ao Goberno aínda cando non compartíamos moitas das decisións que estaban tomando. E hoxe demostramos, de novo, que somos un partido que, por riba de calquera confrontación política, prioriza conseguir melloras e investimentos para os concellos e para a cidadanía”.

    Por último, recordou que a razón de ser das deputacións provinciais é prestar apoio aos pequenos e medianos concellos, que son os que teñen menos recursos.