Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Rueda: “É incompresible que se critique o éxito que está tendo o Xacobeo”

    • Pon en valor o traballo de renovación e unidade do partido feito durante os últimos cinco anos no PP de Pontevedra.

     

    08, setembro, 21.- O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, mantivo este mediodía en Rodeiro unha xuntanza con alcaldes, voceiros e compromisarios do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes que van participar no congreso provincial do 18 de setembro. Rueda destacou o éxito do Xacobeo 21-22, que vai ter un papel importante para a recuperación e reactivación do turismo, non só nos concellos polos que discorren as diferentes rutas do Camiño, senón de xeito transversal polo resto da comarca.

    Por iso, considera que “é incomprensible que se critique o éxito que está tendo o Xacobe”, e critica que BNG e PSOE cuestionen a importancia que ten para Galicia e para a provincia de Pontevedra. Recordou, ademais, que por estas comarcas transcorren dúas rutas, o Camiño de Inverno e a Vía da Prata. “As diversas rutas do Camiño teñen un impacto directo nos sectores do aloxamento, da alimentación e da restauración, pero tamén producen un elevado impacto indirecto positivo noutros sectores económicos. Pero ademais, favorecen o equilibrio territorial e son o mellor mecanismo de promoción internacional da marca Galicia”, explico.

    Nesta liña, lamenta a campaña de desprestixio posta en marcha pola organización xuvenil do BNG para rachar co Xacobeo, ou o boicot que o Camiño está recibindo en Vigo onde os propios hostaleiros tiveron que colaborar cos peregrinos para incluír nos seus locais a sinalización do Camiño que rexeita o alcalde.

    Durante o encontro, aproveitou tamén para facer balance dos que foron os dous piares de traballo durante os últimos cinco anos no PP provincial: a unidade e a renovación. Así, recordou que nun mandato marcado polas numerosas citas electorais e pola pandemia sanitaria, se celebraron 22 congresos na provincia, incluídas as tres cidades. Pero, ademais, o PP de Pontevedra, que ten o maior número de afiliados de todas as provincias galegas con 30.000 persoas, sumou nos últimos cinco anos preto de 1.500 novas persoas, “unha cifra moi meritoria porque, ademais, na súa maioría son xente moza”.

    Por último, o candidato ofreceu experiencia, traballo e unidade para seguir liderando o partido, pero tamén “a mesma ilusión que o primeiro día para traballar pola provincia e polo partido. É fundamental para estar ao carón das 61 agrupacións locais e dos seus afiliados”.