O PP destaca que Vigo é a cidade galega con máis investimentos en política social, aposta que se reforzará cunha nova residencia de maiores

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP destaca que Vigo é a cidade galega con máis investimentos en política social, aposta que se reforzará cunha nova residencia de maiores

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, participa nun acto sectorial acompañado polos candidatos vigueses

    • Subliña que o Goberno galego inviste en política social 40 millóns de euros na cidade
    • Aposta por seguir a traballar sobre “dous eixos fundamentais”: a atención aos maiores e a conciliación da vida familiar

     

    Vigo, 21 de setembro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe pola mañá nun acto sectorial con distintos colectivos sociais de Vigo. Durante o encontro, no que estivo acompañado polos candidatos vigueses ás próximas eleccións e pola voceira municipal, Elena Muñoz, Rey Varela destacou que Vigo conta co investimento máis alto de Galicia en política social; unha aposta que se seguirá a impulsar na vindeira lexislatura, especialmente coa construción dunha nova residencia de maiores.

    “Nestes momentos, a Xunta de Galicia ten un investimento en política social no Concello de Vigo de 40 millóns de euros, a inversión máis alta que ten ningunha cidade de Galicia, o que da mostras do noso compromiso con Vigo”, incidiu.

    Neste sentido, Rey Varela avogou por seguir a traballar sobre esta base impulsando “propostas aínda máis ambiciosas se cabe”. Unhas propostas que, segundo afondou, centraranse en dúas áreas moi importantes: a atención aos maiores e o ámbito da familia, promovendo programas que teñen que ver coa conciliación.

    No primeiro destes eidos, o conselleiro lembrou o compromiso do presidente Feijóo coa edificación dunha nova residencia de maiores que preste servizo á cidade e á súa área. Esta residencia, proseguiu, verase complementada no que respecta á familia cunha nova escola infantil, promovida no Programa de Apoio á Natalidade.

    “Seguiremos a impulsar programas que teñan que ver coa conciliación”, salientou Rey Varela. Así, manterase durante toda a lexislatura a Tarxeta Benvida, que facilita 100 euros ao mes ás familias que teñan un fillo, que será ampliable ata os tres anos da vida do bebé en caso de risco de pobreza ou exclusión.

    E entre as medidas dirixidas á conciliación da vida familiar e laboral, seguirá a fomentarse a flexibilidade de horarios e o teletraballo, na procura de dar resposta ao debate sobre a racionalización de horarios e incentivando ás empresas para que a apliquen, apoiándoas nos investimentos que teñan que realizar.

Add comment


Security code
Refresh