Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP esixe ao Tripartito que conteste os escritos de veciños e asociacións

    • Denuncian que “a práctica totalidade de peticións, queixas, suxerencias ou solicitudes de acceso á información” presentadas por cidadáns ou colectivos quedan sen responder.
    • Rocío Cochón recorda ao Goberno local que contestar aos veciños é unha obriga legal, pero sobre todo ética, “dun Tripartito que prometeu transparencia e participación cidadá” pero cada vez é máis opaco e máis déspota” / arbitrario ).
    • Os populares defenderán unha moción no pleno de abril esixindo ao Goberno Local responder de forma expresa a todos os escritos no prazo máximo dun mes, ampliable a dous, ata que non se aprobe unha Ordenanza de Bo Goberno, Transparencia e Acceso á Información que recolla os dereitos da veciñanza.

     

    Poio, 13 de abril de 2021. O PP de Poio defenderá no pleno de abril unha moción instando ao Tripartito a contestar os escritos presentados por veciños e asociacións, xa que actualmente a práctica totalidade de peticións, queixas, suxerencias ou solicitudes de acceso á información que os veciños e colectivos fan chegar quedan sen resposta, reciben unha contestación incompleta ou son respondidos moitos meses ou incluso anos despois de presentarse, segundo a concelleira Rocío Cochón.

    O texto proposto polos populares propón elaborar unha Ordenanza de Bo Goberno, Transparencia e Acceso á Información, que recoñeza claramente “o dereito dos veciños a ser atendidos e respondidos” e que recolla a obriga do Goberno de escoitar e contestar aos veciños e ás asociacións, unha obriga “legal, pero sobre todo ética, dun Tripartito que prometeu transparencia e participación cidadá” pero cada vez é máis opaco e máis déspota”.

    A popular lamentou que o Concello de Poio “en lugar de avanzar na transparencia e na participación, dá pasos atrás”, chegando a recibir advertencias de distintos Valedores do Pobo por non facilitar información a veciños e membros da corporación, e neste mandato xa aprobou dous decretos prohibindo ilegalmente acceso a documentación, ambos recorridos polo PP. Cochón ironizou que “se intentan evitar por tódolos medios que os membros da corporación teñamos a información que nos corresponde por lei, que trabas non lle porán aos veciños”, e destacou que “non hai máis que escoitar as queixas de cidadáns e colectivos”.

    A popular recordou que o dereito de facer peticións ás administracións é “un dereito fundamental recollido no art. 29 da Constitución e recoñecido para por lei todas as persoas naturais e xurídicas”, así como o dereito á participación e o acceso á información, recollido tamén na Constitución, e que a Lei recoñece a transparencia, o acceso á información pública e o bo goberno como eixos fundamentais da administración, e pediu que isto se faga realidade en Poio.

    Cochón lamentou especialmente o papel de Silvia Díaz que “pese a promesas e xestos baleiros finalmente está demostrando ser incapaz de rexenerar o goberno local ou de corrixir as prácticas do Bipartito. Non hai máis que preguntarlle aos veciños e asociacións de Poio para darse conta que a transparencia que prometía Díaz quedou nun slogan electoral”.

    Mentres que non se elabore unha Ordenanza reguladora, os populares esixen que o Concello responda de forma expresa aos escritos que presenten veciños e asociacións nun prazo máximo dun mes, coa posibilidade de amplialo a dous para asuntos de especial complexidade, notificando ao solicitante”.

    Quedarían excluídas as peticións que vulneren a protección de datos, os dereitos de terceiros e outras que vaian contra o bo funcionamento da administración, algo que xa recolle a lexislación no caso de solicitudes “manifestamente repetitivas”, “abusivas”, “que requiran reelaboración”, etc., pero en calquera caso o Goberno local debe notificar a denegación aos interesados, “e non como agora que a xente lle fai unha petición a un concelleiro e nunca máis se soubo”.