Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Alfonso Rueda sinala que a experiencia do PP é unha garantía fronte as dúbidas que xeran os demais partidos

    • Recorda que os oito anos de goberno de Núñez Feijóo permiten presentar un balance de estabilidade e rigor.
    • Puxo en valor os investimentos na comarca do Salnés e o apoio aos sectores do viño e o mar.

     

    Vilanova, 17 de setembro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, recordou esta tarde que a experiencia do Partido Popular e os seus oitos anos de goberno son unha garantía fronte as dúbidas e as incertezas que xeran os partidos que actualmente están na oposición. Rueda aludiu aos concellos xestionados por alcaldes das Mareas e insistiu na súa inacción para resolver os problemas dos veciños.

    Foi durante o mitin que os populares celebraron en Vilanova, e no que Alfonso Rueda estivo acompañado pola ministra de Fomento, Ana Pastor; o alcalde da localidade, Gonzalo Durán, ou Román Rodríguez, membro da candidatura do Partido Popular. O presidente provincial salientou que a decisión que teñen enriba da mesa os galegos é apostar por un modelo de estabilidade e rigor, cun balance de feitos alcanzados pese a maior crise que viviu o país en décadas, ou apostar por un multipartito do que non se coñece o programa nin o presidente e que en pouco tempo estará cheo de líos e leas.

    Rueda fixo referencia ao candidato de En Marea, Luis Villares, que puxo o Concello de Ferrol como modelo a seguir, mentres o do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalaba que os gobernos das cidades de Ferrol, Santiago e A Coruña non son o mellor exemplo de xestión. O presidente provincial destacou que os membros do multipartito nin sequera son capaces de poñerse de acordo sobre algo tan básico como iso.

    INVESTIMENTOS NA COMARCA

    Na súa intervención, Alfonso Rueda puxo en valor os investimentos que o goberno de Feijóo fixo nos últimos catro anos no concello de Vilanova e na comarca do Salnés, e que ascenderon no primeiro dos casos a 13,3 millóns de euros e a máis de 100 no segundo. O presidente provincial destacou as axudas desenvolvidas para respaldar ao sector do viño e resaltou a aposta da Denominación de Orixe Rías Baixas pola internacionalización. Ademais, sinalou que o Partido Popular sempre constituirá un apoio para defender tanto este sector como o do mar.

    Ademais, de cara ao futuro, fixo fincapé no proxecto de ampliación  do Hospital do Salnés, que suporá a creación dun hospital de día, ademais de melloras nas áreas de Urxencias e Reanimación e nos bloques cirúrxico e obstétrico.