Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Cubela: “O peche de Ence xerará un efecto dominó devastador para outras empresas e servizos de Pontevedra”

    • Di que queren pechar unha empresa viable, que quere continuar investindo na comarca e que xera 5.000 postos de traballo directos e indirectos.
    • “Deberiamos esforzarnos todos en traer empresas e xerar emprego, non en destruílos e menos coa situación tan complicada que temos por diante”.

     

    06, marzo, 2021. O voceiro do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, e a deputada e secretaria local do PP de Pontevedra, Pepa Pardo, mantiveron esta semana unha reunión con representantes das asociacións empresariais AJE, Cámara de Comercio, AEMPE e Plataforma Pro-Industria, para analizar as “terribles consecuencias” que vai supor o peche de Ence para todo o tecido empresarial, “ben sexa de xeito directo en todas as empresas auxiliares que traballan coa pasteira, ou ben a través de xerar un efecto dominó devastador para outras empresas e servizos da comarca e da provincia”, destaca Cubela.

    O popular cuestionou que “cando deberíamos esforzarnos todos en traer empresas e xerar emprego, hai quen está intentando destruílos”, e recordou que "coa situación tan complicada que temos por diante como consecuencia da pandemia, queren pechar unha empresa viable, que quere continuar investindo na comarca e que xera 5.000 postos de traballos directos e indirectos.

    Recorda que a solución é sinxela, xa que basta con modificar o artigo 18 da Lei para o Cambio Climático e Transición Ecolóxica que se está tramitando no Congreso, para o que os populares presentaron unha emenda, “pero o certo é que nin o Goberno central nin o concello están pola labor”.

    Alerta ademais de que ese artigo está xerando inseguridade xurídica en outras moitas empresas e industrias da costa da provincia, entre as que se atopan conserveiras, depuradoras, cocedoiros, etc. “Estamos alarmados polas consecuencias que vai ter para as concesións no sector mar-industria”, sinala.

    Por último, recordan que “coa situación tan complicada que estamos vivindo e o que queda por chegar, isto é o que faltaba. En dous artigos estamos xogándonos o futuro de moitas empresas e emprego para a provincia”.