Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio rexeita que o Tripartito non reserve fondos nos orzamentos para as axudas directas na loita contra o COVID

    • O concelleiro popular responsable en materia de facenda, Sergio Pereira, será o encargado de defender a postura do PP de Poio no relativo os orzamentos que o Tripartito pretende aprobar no Pleno ordianario deste mes de xaneiro.
    • «Non contemplan unha partida específica de axudas para os os sectores máis profesionais afectados como poden ser a hostalaría, feirantes, autónomos ou negocios que viron reducidos os seus ingresos», denuncia Pereira.
    • «A Xunta, Deputacións e a propia FEGAMP están acordando da man do sector de hostalaría a creación de fondos reservados para conceder axudas directas e o Tripartito de Poio non adica nin reserva ningunha partida específica para este fin: é vergonzoso».
    • «Hai peticións de familias, asociacións, feirantes, que ademáis de axudas directas o que reclaman é unha adaptación de impostos locais á realidade que se está a vivir e o Tripartito ignorou por completo estas peticións».
    • «Son uns orzamentos que non son transparentes, nin participativos, nin nada que se lle pareza. Con un pouco de sorte entre os 3 partidos de goberno igual reuníronse pero onde quedou a participación que prometían no pacto de goberno? Non se reuniron con ninguén, nin coa oposición, nin con asociacións, nin con profesionais, nin con clubs para falar deste orzamento».
    • «Cando máis os necesitan os veciños, familias e autónomos de Poio, o Tripartito trae un documento que nin axuda, nin da respostas ás demandas dos nosos veciños: é unha tristeza, una pena e unha tomadura de pelo e nos non podemos ser cómplices disto polo que votaremos en contra destes orzamentos».

     

    26 de xaneiro de 2021. O concelleiro popular responsable en materia de facenda, Sergio Pereira, será o encargado de defender a postura do PP de Poio no relativo os orzamentos que o Tripartito pretende aprobar no Pleno ordianario deste mes de xaneiro.

    «En primeiro lugar estes orzamentos chegan tarde xa tiñan que estar aquí en novembro do 2020 e estamos a finais de xaneiro do 2021» e engade Pereira que «non sabemos se é que non chegaron a un consenso antes ou é pura vagancia e pasotismo».

    Os populares indican que estes orzamentos 2021 é o documento máis importante do ano para este Concello e “é un documento que ignora o calvario para miles de familias e moitos sectores deste concello como é as consecuencias económicas e sociais COVID”.

    «Non contemplan unha partida específica de axudas para os os sectores máis profesionais afectados como poden ser a hostalaría, feirantes, autónomos ou negocios que viron reducidos os seus ingresos», denuncia Pereira.

    «A Xunta, Deputacións e a propia FEGAMP están acordando da man do sector de hostalaría a creación de fondos reservados para conceder axudas directas e o Tripartito de Poio non adica nin reserva ningunha partida específica para este fin: é vergonzoso», denuncia Pereira.

    «Hai peticións de familias, asociacións, feirantes, que ademáis de axudas directas o que reclaman é unha adaptación de impostos locais á realidade que se está a vivir e o Tripartito ignorou por completo estas peticións», indica Pereira.

    «Son uns orzamentos que minten: debería ser un documento obxectivo e coa imaxe fiel deste Concello é non o é. De 13 millóns, so destinan un 4,4% a investimentos que supoñen 615.000€. Son moi poucos cartos para investimentos pero é que a día de hoxe de estes 615.000€ soamente hai 50.000, os 565.000 ideas a ter que pedilos de novo aos bancos. Seguro que para o mes traedes de novo un préstamo que afogue aínda más o Concello. Deste xeito, xa superaremos os máis de 6 millóns de euros de débeda os bancos», informa Pereira.

    «Son uns orzamentos que non son transparentes, nin participativos, nin nada que se lle pareza. Con un pouco de sorte entre os 3 partidos de goberno igual reuníronse pero onde quedou a participación que prometían no pacto de goberno? Non se reuniron con ninguén, nin coa oposición, nin con asociacións, nin con profesionais, nin con clubs para falar deste orzamento», denuncia Pereira.

    Os populares pregúntanse: «Realmente que poden pensar os veciños de Poio? Que se fai cos impostos que pagan? Como pode ser que o orzamento cos ingresos máis altos da historia non axuda nin da resposta as demandas reais dos veciños?».

    «Cando máis os necesitan os veciños, familias e autónomos de Poio, o Tripartito trae un documento que nin axuda, nin da respostas ás demandas dos nosos veciños: é unha tristeza, una pena e unha tomadura de pelo e nos non podemos ser cómplices disto polo que votaremos en contra destes orzamentos», conclúe Pereira.