Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Para o PP de Poio os orzamentos dos 3 Alcaldes minten e non reflexan as necesidades de Poio

    • O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, critica que son uns presupostos incompletos, que chegan tarde, que non teñen en conta a situación da pandemia que estamos a vivir, que non conta cunha partida específica para axudas directas pola COVID e tan so un 4,4% de todo o orzamento vai destinado a investimentos.
    • «É un presuposto que chega tarde, que non responde a realidade que estamos a vivir neste municipio e cunhas políticas continuistas e non adaptadas as necesidades de Poio e derivadas desta pandemia».
    • «Contemplan un capítulo de investimentos por importe de 615.000€, tan so un 4,4% de todo o orzamento, e non teñen cartos para poder levar a cabo estas inversións».
    • «Estamos ante uns presupuestos que non contemplan ningunha partida específica para aportar o 20% ao Plan de Rescate para a hostalería que propuxo a Xunta de Galicia a Deputacións e FEGAMP e onde a Xunta aportaría o 50%».
    • «Un presuposto que sube os impostos aos veciños e que moitas das taxas, aínda estando conxeladas fai varios anos, seguen a ser das máis caras de Galicia como pode ser a basura e os vaos», indica Moldes.
    • Moldes resaltou que BNG, PSOE e Avante Poio elaboraron un presuposto «sen falar con ninguén –nin colectivos profesionais, veciñais, culturais, deportivos... e moito menos co partido da oposición».
    • «O maior incremento en servizos sociais vén dado polo incrementoi de horas da Xunta de Galia no Servizo de Axuda no Fogar ata chegar ás 41.274 horas anuais».
    • «Que poden pensar os veciños de Poio? Que se está a facer cos seus impostos? O presuposto é o documento máis importante dun Concello e este tipo de improvisacións teñen como consecuencia que a día de hoxe en Poio exista unha débeda de 344 euros por habitante fronte a un investimento por habitante de tan só 36 euros. Os números cantan».

     

    Poio, 23 de xaneiro de 2021. O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, critica que son uns presupostos incompletos, que chegan tarde, que non teñen en conta a situación da pandemia que estamos a vivir, que non conta cunha partida específica para axudas directas pola COVID e tan so un 4,4% de todo o orzamento vai destinado a investimentos.

    «É un presuposto que chega tarde, que non responde a realidade que estamos a vivir neste municipio e cunhas políticas continuistas e non adaptadas as necesidades de Poio e derivadas desta pandemia», destaca Moldes.

    «Contemplan un capítulo de investimentos por importe de 615.000€, tan so un 4,4% de todo o orzamento, e non teñen cartos para poder levar a cabo estas inversións», denuncia Moldes.

    Os populares están seguros de que nas próximas semanas saíran anunciando que solicitan outro préstamo para sufragar a partida de investimentos e seguir así endebedando á veciñanza de Poio. E salientan que a día de hoxe a débeda do Concello de Poio cos bancos e a Deputación ascende a case 6 millóns de euros (nomeadamente, a 5.858.338,63€).

    «É un presuposto que se esquece das necesidades das familias que máis mal o están a pasar en Poio a causa da COVID, como poden ser autónomos, sector da hastalaría, desempregados, etc.», explicou Moldes.

     

    «Estamos ante uns presupuestos que non contemplan ningunha partida específica para aportar o 20% ao Plan de Rescate para a hostalería que propuxo a Xunta de Galicia a Deputacións e FEGAMP e onde a Xunta aportaría o 50%», denuncia Moldes.

    «Un presuposto que sube os impostos aos veciños e que moitas das taxas, aínda estando conxeladas fai varios anos, seguen a ser das máis caras de Galicia como pode ser a basura e os vaos», indica Moldes.

    Moldes resaltou que BNG, PSOE e Avante Poio elaboraron un presuposto «sen falar con ninguén –nin colectivos profesionais, veciñais, culturais, deportivos... e moito menos co partido da oposición».

    Os populares denuncian que son uns presupostos sen transparencia nin participación e que non teñen en conta as peticións de profesionais, de autónomos, feirantes, do sector da hostalaría, etc. para adaptar os impostos aos momentos que lles toca vivir con negocios pechados e outros con moitos pérdidas: «Son uns presupostos que non contaron coa participación de ningún colectivo e iso é inaceptable», denuncia Moldes.

    Moldes indicou que o maior incremento na partida de servizo sociais é grazas as aportacións da Xunta de Galicia: «O maior incremento en servizos sociais vén dado polo incrementoi de horas da Xunta de Galia no Servizo de Axuda no Fogar ata chegar ás 41.274 horas anuais».

    «Un presuposto que trae subida de impuestos, máis débeda para aos veciños e un presuposto que contempla 0€ para os sectores e para as familias máis desfavorecidas debido a esta pandemia», conclúe Moldes.

    Moldes lamentou a improvisación que desprenden estes orzamentos: «Que poden pensar os veciños de Poio? Que se está a facer cos seus impostos? O presuposto é o documento máis importante dun Concello e este tipo de improvisacións teñen como consecuencia que a día de hoxe en Poio exista unha débeda de 344 euros por habitante fronte a un investimento por habitante de tan só 36 euros. Os números cantan».