Poio, 15 de setembro de 2016.- A concelleira do PP Natividad Torres Balea denunciou hoxe o trato discriminatorio que sofre a Festa da Ameixa de Campelo que se celebrará esta fin de semana en comparación con outras que se celebran no municipio, e reclamou que o Concello de Poio “lle dea o trato que merece”.
Segundo Torres, pese a ser esta festa “a de máis antigüidade de Poio” –este ano celebrarase a vixesimonovena edición, a consideración que lle dispensa o goberno local está moi lonxe da que merecería unha festa con tanta implantación, e comentou que As festas noutros lugares de Poio reciben axudas para contratar ata unha decena de actuacións “mentrese a festa máis tradicional de Poio tén que conformarse cun formato moi simple”.
Torres explicou que este trato discriminatorio a Campelo fai que os veciños se sintan “de segunda”, e parece que o Concello celebra esta festa “case sen querer, como un compromiso”.
Torres lembrou que o acto máis importante dos incluidos na festa é a homenaxe ás mariscadoras, que celebran e organizan as propias confrarías. “Esta festa é a das mariscadoras de Poio, a da xente do mar de Poio. Hai que terlles un respecto”.
“Como a Campelo, a esta festa non se lle dá o valor e realce que merece”, explicou Torres, “e iso é aínda máis evidente se comparamos o orzamento, a publicidade e o apoio institucional por parte do concello, sendo esta a única festa de Poio que vai celebrar en breve a edición número 30”.
“Mentras noutros concellos, festas máis novas e con menos imprantación ca ista pelexan por darlles difusión por toda Galicia e máis aló”, denunciou Torres, “o concello de Poio non fai nada pola Festa da ameixa de Campelo”.
A voceira do PP para Campelo recordou que precisamente esta festa, a da Ameixa, ademais de ser a máis antiga é tamén a máis enraizada por tradición, produto e localización, e dixo que é “unha festa moi querida en Poio, coa que se identifican as máis de 600 mariscadoras do noso concello –más de 1.000 se incluimos a pé e a flote- e a maioría da xente do mar do noso concello”.
“O que se está a facer é unha inxustiza coa historia de Poio, coas asociacións, coa xente do mar de Poio e con Campelo”.