Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Deputados e senadores do PP reclamarán en Madrid que o Goberno execute a pasarela peonil en Amieirolongo, Mos

    •  Advirten da perigosidade deste nó no que conflúen entradas e saídas da autovía, cunha zona comercial e o Camiño de Santiago.
    • Nidia Arévalo recorda que hai un compromiso desde o ano 2014 que se paralizou coa chegada do PSOE ao Goberno central.
    • María Ramallo entende que “o concello non pode seguir clamando no deserto sen que ninguén lle faga caso. O complicado xa está feito, que foi conseguir as autorizacións e os terreos e facer o proxecto. Só queda a vontade política”.

     

    09, outubro, 20.- Deputados e senadores nacionais do Partido Popular reclamarán en Madrid que o Goberno central retome o proxecto que xa estaba comprometido na N-550, ao seu paso por Amieirolongo, en Mos, e de unha vez por todas inclúa nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 unha partida para construír unha senda peonil coa que garantir a seguridade dos peóns e dar solución a este problema.

    Así o anunciaron esta mañá os deputados María Ramallo e Javier Bas, e os senadores Javier Guerra, Pilar Rojo e Elena Muñoz, que se achegaron ata Mos para coñecer, da man da alcaldesa Nidia Arévalo, o problema que acontece neste nó no que conflúen a A-55, a A-52, N-550 e a entrada de Porriño, ademais dunha zona comercial. “Iso provoca que moitas persoas de Mos e do Porriño camiñen cara estes centros comerciais a pé, pero tamén é un lugar de paso para peregrinos porque por aquí transcorre o Camiño a Santiago. E a isto se suma que hai moito tráfico polas entradas e saídas da autovía e tamén tráfico pesado pola proximidade do polígono industrial”, explicou Arévalo.

    A alcaldesa pediu a súa “axuda e intermediación para que en Madrid se escoite a Mos, e que de unha vez por todas nos deixen de tomar o pelo”. Refírese así a que levan esperando desde 2017 que se inclúa este proxecto nos orzamentos xerais do Estado, pero coa chegada do PSOE ao Goberno central quedou paralizado. “Mantivemos a calma durante un tempo, pero a paciencia xa se esgotou”, dixo Arévalo, que cualificou como “vergonzoso” que desde a Delegación de Estradas de Pontevedra “non contesten aos moitos mensaxes e chamadas do Concello de Mos”. Nesta liña, recorda que a última resposta a recibiu en xullo de 2019, e a contestación foi que como non había orzamentos só se facía o importante. “Acaso  hai na provincia algún punto tan conflitivo e urxente como este? Nunca máis soubemos del a pesar de seguir insistindo en chamadas, correos electrónicos, etc.”.

    O ano pasado, ademais, aprobouse por unanimidade da corporación do pleno un acordo, refrendado pola Mesa do do Camiño do Concello de Mos, para instar a acometida deste proxecto. Por último, a alcaldesa anunciou que de persistir a situación, non frenará máis a intención dos veciños de Amieirolongo de manifestarse cortando o tráfico e se sumará ás mobilizacións.  

    Pola súa parte, María Ramallo sinalou que “é unha reivindicación clara e xusta”, xa que este nó “é unha evidencia de perigosidade”. Por iso, avanzou que se presentarán iniciativas no Congreso e no Senado e farán un seguimento para que se inclúa o financiamento deste punto negro nos orzamentos xerais do Estado.

    “O concello non pode seguir clamando no deserto sen que ninguén lle faga caso. Non é unha obra tan complexa. O complicado xa está feito, que foi conseguir todas as autorizacións, os terreos e o proxecto técnico. Agora só queda a vontade política de querer financiar ese proxecto”, engadiu. Ademais, recordou que o ano 2021 é de vital importancia para Galicia e o Camiño, e o tempo corre á contra.

    O PROXECTO

    Nidia Arévalo recordou que no ano 2014 se atendeu por primeira vez esta reclamación do Concello de Mos en Madrid, ao anunciar Ana Pastor a construción dunha pasarela peonil para eliminar a perigosidade das entradas e saídas da autovía. Nese momento, pediron que o Concello de Mos puxese os terreos a disposición e que se encargase dos trámites e das autorizacións sectoriais.

    Desde ese ano ata 2016, engadiu, foron anos de trámites de autorizacións e negociacións dos terreos. “En 2017 dáse por finalizado o trámite para que isto sexa unha realidade, só queda que haxa unha partida económica para que se poña en marcha. Pero chega o Goberno do PSOE e paralízase”.