Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide que se doten edificios da Deputación de aseos adaptados para pacientes ostomizados

     

    • A través dunha moción que defenderán no pleno ordinario de setembro.
    • Recollen así a reclamación deste colectivo.

     

    16, setembro, 2020.-  O grupo provincial do Partido Popular pedirá no pleno de setembro, que se celebra o vindeiro venres día 25, que se vaia dotando progresivamente aos diferentes edificios da Deputación de Pontevedra de aseos adaptados para pacientes ostomizados. Deste xeito, os populares recollen así a reclamación deste colectivo.

    “Entendemos que a Deputación de Pontevedra non pode permanecer allea a unha relcamación xusta que vai supoñer unha importante mellora na calidade de vida destas persoas, e estamos convencidos de que será aprobada por unanimidade”, destaca a deputada popular Pepa Pardo.

    Di que estes pacientes son aínda invisibles para a sociedade, e precisamente por iso, precisan máis se cabe o apoio das institucións, “que son as primeiras que deben converterse en modelo e exemplo para o resto”. Pardo recorda que en 2017 o Hospital Montecelo, nesta cidade, foi o primeiro centro hospitalario español en ter un aseo adaptado para pacientes ostomizados. E a partir de aí, estendeuse esta medida ao resto de centros sanitarios da provincia e Galicia, e incluso a outros edificios autonómicos.

    “Cremos que é importante que a Deputación de Pontevedra tamén se sume, e comece a dotar aos seus edificios de aseos accesibles para eles, para que saír da súa casa non sexa un problema, para que poidan ter unha vida activa”.