Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Deputados e Senadores piden que se paralice o  real decreto dos remanentes municipais e busquen alternativas para que os cartos cheguen aos concellos

    • Esta semana é crucial para paralizar este real decreto, xa que non só se vota no Congreso o xoves, senón que o mércores se debate no Senado unha moción dos populares para que paralicen “esta chantaxe aos concellos”.
    • María Ramallo defende que “o diñeiro de cada concello debe gastarse en cada concello, e o da provincia en cada provincia”.
    • “É un reparto condicionado, inxusto e discriminatorio”, sinala Elena Muñoz, que di que vai contra a autonomía local dos concellos.

     

    7, setembro, 20.- Deputados e Senadores do PP de Pontevedra pediron hoxe ao Goberno central que rectifique e volva ao consenso do municipalismo coa paralización do Real Decreto dos remanentes municipais. “Queremos que non se convalide, pero tamén  que se busque unha alternativa e solución para que os recursos cheguen aos concellos”, explicou a deputada María Ramallo, que defendeu que “o diñeiro de cada concello debe gastarse en cada concello, e o da provincia en cada provincia”.

    Foi durante unha rolda de prensa esta mañá en Pontevedra, na que participaron os tamén deputados Javier Bas e Diego Gago, así como os senadores Elena Muñoz e Javier Guerra, e á que tamén acudiu o deputado provincial e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, en representación dos alcaldes da provincia.

    Recordaron que esta semana é crucial para paralizar este real decreto, xa que non só se vota no Congreso o xoves, senón que o mércores se debate no Senado unha moción dos populares para que paralicen “esta chantaxe aos concellos”.

    Ramallo dixo que esta medida é “prexudicial” para a financiación dos concellos. “Nos concellos fomos prudentes para manter unha situación económica equilibrada, e por diante imos ter moitos desafíos. Imos ter menores ingresos, non se poderán tocar os tributos durante anos pola situación de crise económica e social, e teremos que manter e atender todas as necesidades sociais, o que supón máis gasto”. 

    Pero tamén cuestionou o fondo de 5 mil millóns do real decreto, e cuestionou que os concellos teñan que entregar os seus remanentes de tesourería a cambio de poder acceder. “Se non os entregas, non tes axuda. E se non tes remanentes, tampouco hai axuda”, criticou. Trátase, polo tanto, “dunha medida tremendamente inxusta, que conta coa oposición unánime de todas as formacións políticas”.

    O que piden os concellos, engadiu, é que haxa un fondo especial, como o houbo para as comunidades autónomas, sexa cal sexa a situación de cada entidade local. E se valoren as opcións para que os concellos que teñen remanentes podan invertilos.

    “Como administración local, os concellos temos un longo camiño por diante. Somos a administración máis próxima, incrementáronse as necesidades qeu temos que atender e canto antes hai que tomar en serio as competencias e capacidades das entidades locais”.

    Na mesma liña, Elena Muñoz dixo que é “un real decreto moi prexudicial, porque é unha imposición do PSOE e se alonxa do consenso que había”. Así, os populares recordaron que a FEMP tiña un documento consensuado con todas as formacións políticas, e o que queren sacar agora adiante é un real decreto que rompe o consenso e que foi aprobado exclusivamente polo voto de calidade do presidente da FEMP, o alcalde socialista Abel Caballero.

    A senadora do PP quixo desmontar “todas as falsedades que está dicindo o Goberno para xustificar este real decreto”. En primeiro lugar, sinalou que “non é certo que este sexa o único camiño para usar os remanentes”. Esta é unha excepción, explicou, e tamén se poden buscar dentro desta excepción máis solucións para que cheguen aos concellos.

    Ademais, destacou que os concellos non están contentos co fondo de 5.000 millóns de euros como dixo a Ministra, “porque ese reparto se lles condiciona, é inxusto e discriminatorio. Se lles obriga a ceder os seus remanentes para poder acceder ao fondo”. Trátase, cualificou, do “negocio perfecto para o Goberno de España e da ruína para os concellos que queiran acceder a ese fondo. O Goberno central obtén este ano 15 mil millóns de euros dos remanentes, a cambio dun fondo de 5 mil millóns que pagará en dous anos e da devolución en 17 anos da cantidade prestada polos concellos concellos”.

    Dixo tamén que vai contra a autonomía local, porque non deixa que cada alcalde decida onde quere e onde necesitan os seus veciños que se gasten os seus aforros, senón que ten que gastalo onde lle diga o Goberno central.

    Por último, sinalou que a razón de fondo deste real decreto é que o goberno necesita financiamento e liquidez, “e por iso botou o ollo aos 15.000 millóns de euros de aforro dos concellos, ao peto dos concellos”.