Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP CARGA CONTRA A INCAUTACIÓN DOS 9 MILLÓNS AFORRADOS POLOS CIDADÁNS DO SALNÉS

    • Os populares presentarán unha moción en todos os plenos da comarca e da provincia, así como na Deputación de Pontevedra, instando o Goberno de España a non apropiarse dos recursos das Entidades Locais

     

    Vilagarcía, 28 de agosto de 2020.-  O Partido Popular de Pontevedra levará aos plenos de todos os concellos da provincia e ao da Deputación de Pontevedra unha moción reclamando ao Goberno que respecte e garanta a autonomía que a constitución contra o decreto lei que recolle o acordo do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para apropiarse dos remanentes dos concellos.

    Así o anunciaron hoxe desde Vilagarcía o portavoz do grupo provincial, Jorge Cubela, e os deputados da comarca do Salnés, Paz Lago e Javier  Tourís, nunha comparecencia ante os medios na que estiveron acompañados por representantes populares de todos os concellos da comarca.

    "O PP non vai cruzarse de brazos ante a incautación dos aforros dos  Concellos", apuntou Cubela, "Falamos de 9 millóns de euros da comarca do Salnés dispoñendo dos fondos de nove  concellos e da mancomunidade".

    O portavoz do PP na Deputación incidiu que é "inaceptable que o Goberno Central pretenda apropiarse dos aforros dos veciños e veciñas, un golpe ao municipalismo xamais visto en democracia" e destacou que "todas as administracións que manteñan co seu silencio o apoio a esta medida serán  complices deste atraco a man armada".

    No mesmo sentido expresouse a portavoz popular en Vilagarcía, Elena  Suárez. "En Vilagarcía temos especial interese en levar a pleno esta moción e comprobar se o alcalde optará por defender aos cidadáns protexendo eses aforros que acumulamos pagando os nosos impostos, con moito esforzo en moitos  caoss, ou se pola contra, decidirá defender os intereses dos seus partido". Cabe destacar, que o Alcalde de Vilagarcía, como representante da FEGAMP, é á súa vez representante dos alcaldes galegos . "Nas últimas eleccións a provincia falou alto e claro e na maioría dos municipios gañou o Partido Popular, que deixou clara a súa oposición a que o Goberno Central decida unilateralmente manexar e xestionar os nosos aforros, e menos nun momento tan crítico como leste. Esperemos que o presidente da FEGAMP defenda os intereses dos cidadáns e non os do seu partido". E é que convén lembrar que o PSOE tivo que recorrer ao voto de calidade do presidente da FEMP, Abel Caballero para sacar adiante este acordo ao quedar totalmente só na votación.

    Proposta

    Os populares solicitarán o apoio expreso dos concellos e da institución provincial ao recurso de inconstitucionalidade que o Grupo Popular no Congreso dos Deputados presentará contra a Real Decreto-Lei 27/2020 para defender os intereses de todas as entidades locais e os aforros dos veciños e veciñas, así como o seu rexeitamento ao procedemento negociador que o Goberno de España mantivo coa FEMP para chegar a un acordo dese unha "apariencia" de apoio unánime das entidades Locais ao decreto.

    Así mesmo, instarán a solicitar aos órganos dos competentes da FEMP a reprobación do seu presidente, Abel Caballero, e a mostrar o seu profundo rexeitamento a calquera medida do goberno de España tendente a apropiarse dos aforros acumulados pola cidadanía.

    A proposta do PP insta o Goberno de España a atender as demandas dos concellos para que poidan dispoñer do 100% dos seus remanentes de tesourería para a loita contra os efectos negativos da COVID-19, levando a cabo para ese efecto as modificacións legais que resulten pertinentes. E en todo caso, a respectar e garantir a autonomía que a Constitución Española e as súas leis outorgan ás entidades locais para a xestión dos seus recursos.