Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Partido Popular de Tomiño lamenta que o Goberno local do BNG votase en contra dunha nova ubicación para o consultorio de Goián.

     

    • Unha nova ubicación garantiría as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade dos veciños e veciñas ante un rebrote da pandemia do Covid.

     

    Tomiño 24 de xullo de 2.020. O portavoz municipal do PP de Tomiño, Esteban Gonz. Miranda, lamenta que o Goberno municipal do BNG votase en contra da moción presentada polo Partido Popular de Tomiño  e apoiada polo PSOE tomiñes no pleno deste xoves 23 de xullo.

    A moción presentada polo grupo municipal do PP de Tomiño- e denegada polo BNG- instaba ao goberno  municipal a por a disposición do Sergas unha nova ubicación para o consultorio medico de Goián que cumpla con toda a seguridade sanitaria; e así evitar nos próximos meses verse obrigados a volver pechar o consultorio pola situación actual de pandemia.

    O portavoz Esteban Gonz. lamenta que o BNG siga instalado na  campaña electoral atacando constantemente as melloras sanitarias levadas a cabo nos últimos anos, recordándolle que por moito que repitan unha mentira non se converte en verdade. A realidade é que o goberno Galego invirte máis que nunca na sanidade pública.

    É curioso que os mesmos que esixen a Xunta máis persoal sanitario para a comarca, estean calados ante os ataques do Goberno central de Sánchez  que non autoriza as peticións da Xunta de eliminar a actual taxa de reposición para levar adiante unha nova OPE (oferta pública de emprego), a sabendas de que é fundamental para cubrir xubilacións entro outras cousas.