Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP defede e presente no Pleno as reivindicacións dos feirantes de Poio

    •  Os populares defenderon, no Pleno ordinario do mes de xuño celebrado este martes, unha moción na que trasladaron con puntos e comas as reivindicacións do colectivo de feirantes e, concretamente, dun escrito dunha veciña de Poio e profesional do sector.
    • «O sector dos feirantes é un dos colectivos que máis sufriu e sofre o impacto do COVID-19 e, por desgraza, están abocados á ruina económica polo que o noso deber desde o Concello de Poio é axudar a este colectivo na medidas das nosas posibilidades», destaca Pereira, concelleiro popular.
    • Os populares defenden a través dunha moción o escrito que presentou a Plataforma de Feriantes na que solicitan a exención do imposto do IVTM para os camións e plataformas, a exención do IBI para os garaxes destinados exclusivamente a gardar os vehículos, a moratoria do IBI ata o ano que vén e a posibildiade de instalar as súas barracas en lugares municipais seguros durante a temporada de verán.
    • «Tendo en conta, ademáis, que dentro deste amplo colectivo encóntranse veciños de Poio que están en una situación de desproteción total instamos á Corporación municipal a votar a favor das súas reivindicacións e así axudar a esta xente que tanto o necesita», indica Pereira.
    • «Hoxe estaremos votando unha reivindicación dun sector de profesionales, non unha moción do PP de Poio polo que esperamos que os 3 Alcaldes non deixen atrás a ninguén máis e menos a veciños y veciñas do noso municipio».

     

    30 de xuño de 2020. Os populares defenderon, no Pleno ordinario do mes de xuño celebrado este martes, unha moción na que trasladaron con puntos e comas as reivindicacións do colectivo de feirantes e, concretamente, dun escrito dunha veciña de Poio e profesional do sector.

    «O sector dos feirantes é un dos colectivos que máis sufriu e sofre o impacto do COVID-19 e, por desgraza, están abocados á ruina económica polo que o noso deber desde o Concello de Poio é axudar a este colectivo na medidas das nosas posibilidades», destaca Pereira, concelleiro popular.

    Os populares defenden a través dunha moción o escrito que presentou a Plataforma de Feriantes na que solicitan a exención do imposto do IVTM para os camións e plataformas, a exención do IBI para os garaxes destinados exclusivamente a gardar os vehículos, a moratoria do IBI ata o ano que vén e a posibildiade de instalar as súas barracas en lugares municipais seguros durante a temporada de verán.

    «Podemos afirmar que é un dos sectores máis afectados por esta crise do COVID-19 xa que a actividade profesional deste colectivo é de 6 meses coincidindo en pleno confinamiento e en plena desescalada sumado a que a inmensa maioría de festexos están sendo cancelados», destacan os populares.

    «Tendo en conta, ademáis, que dentro deste amplo colectivo encóntranse veciños de Poio que están en una situación de desproteción total instamos á Corporación municipal a votar a favor das súas reivindicacións e así axudar a esta xente que tanto o necesita», indica Pereira.

    Os populares esperan que esta moción saia adiante pola unanimidade da Corporación xa que este tema vai máis alá de posicionamientos políticos: «Hoxe estaremos votando unha reivindicación dun sector de profesionales, non unha moción do PP de Poio polo que esperamos que os 3 Alcaldes non deixen atrás a ninguén máis e menos a veciños y veciñas do noso municipio».