Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda: “Non é momento de experimentos, hai que apostar polo partido que fixo que Galicia sexa hoxe mellor que hai dez anos”

    • Estes tres meses demostraron a necesidade de ter un proxecto serio, un goberno sólido e cohesionado. Que sexa libre para gobernar e que non consuma enerxías en enfrontamentos e descoordinacións internas”.
    • Di que a anticipación do Goberno galego e os investimentos na sanidade pública nos últimos dez anos foron determinantes para evitar colapsos.

     

    28, xuño, 20. O presidente do PP de Pontevedra e candidato ás eleccións autonómicas, Alfonso Rueda, recoñeceu hoxe que estas son unha das convocatorias máis decisivas para Galicia, porque o Goberno elixido deberá xestionar a recuperación sanitaria, social e económica. Por iso, entende que “non é momento de experimentos nin de improvisacións con fórmulas novas. É tempo de acertar, e apostar polo partido que fixo que Galicia sexa hoxe mellor que hai dez anos”.

    Foi durante o mitin que se celebrou esta tarde en Vigo, e no que participaron tamén as candidatas Corina Porro, Marta Fernández-Tapias, Nava Castro e Teresa Egerique. O líder provincial destacou que “Feijóo sempre tivo claro que Galicia era a súa prioridade. En 2009 demostramos que sabiamos o que había que facer. Superamos a crise e convertemos Galicia nunha comunidade solvente. Así que aquí non vai haber improvisacións. Temos propostas, programa, respostas e equipo para xestionar desde o minuto un”.

    A outra opción, sinalou, é poñer o futuro de Galicia en mans dun cuatripartito. “Pero estes tres meses demostraron a necesidade de ter un proxecto serio, un goberno sólido e cohesionado. Que sexa libre para gobernar e que non consuma enerxías en enfrontamentos e descoordinacións internas”.

    XESTIÓN DA PANDEMIA

    Rueda recoñeceu que foron meses moi duros, e puxo en valor que Galicia respondeu á pandemia con anticipación, xa que antes do Estado de Alarma o Goberno galego xa tiña tomadas moitas decisións fundamentais para a atención sanitaria, pero tamén con todo o investimento en sanidade pública que se fixo nos últimos dez anos. Estas dúas decisións foron determinantes para que non houbera colapso, engadiu.

    Ademais, tamén destacou que as prioridades de Feijóo e do seu goberno seguen a ser combater a pandemia e a reconstrución, e por iso tamén se anticipou á hora de crear en abril un comité de expertos para a reactivación económica con persoas de recoñecido prestixio. “Unha situación complicada precisa dun líder que estea á altura. E Feijóo xa demostrou a súa valía. Esta non é a primeira crise que xestiona, e os datos avalan a súa capacidade”.

    INVESTIMENTOS

    Por último, Rueda puxo en valor todo o traballo realizado en Vigo, antes de que a pandemia do Covid-19 viñera a cambiar o escenario de prioridades. Así, fixo fincapé na mellora dos servizos sanitarios e puxo como exemplo o mellor hospital público de Galicia e un dos mellores de Europa, ao que se engadiron outras melloras no ámbito sanitario como a modernización do Hospital Meixoeiro e os novos centros de saúde de San Paio de Navia, de Taboada Leal e o de Bouzas. Sinalou que nestes anos tamén se apoiou de forma decidida ao naval, a automoción, o mar, o turismo... E recordou investimentos fundamentais para a cidade como a Estación Intermodal, a Cidade da Xustiza, a depuradora de Lagares, máis prazas públicas de gardería e máis axudas no fogar. E abriuse a ETEA ao conxunto de Vigo cun Campus do Mar, a nova residencia de maiores, que o Goberno galego impulsa coa Fundación Amancio Ortega, e con novos espazos para o deporte e o desfrute cidadán. Tamén se referiu ás infraestruturas educativas novas, ampliadas e reformadas, e ás vivendas de protección oficial.

    “Por moito que a outros lles moleste, estas son as certezas do Goberno de Feijóo”, engadiu.