Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Bipartito da Deputación asume a petición do PP para crear unha comisión técnica de asesoramento aos concellos sobre o COVID

    • Cubela fixo a proposta no comité de seguimento do COVID, no que tamén solicitou, entre outras medidas, a modificación do Plan Concellos para ampliar a porcentaxe dos recursos que se poden destinar á contratación de persoal.

     

    22, maio, 20.- O voceiro do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, asinou esta mañá un acordo co Bipartito da Deputación de Pontevedra para crear unha comisión técnica, integrada por funcionarios da institución, a través da que asesorar aos concellos sobre as dúbidas e problemáticas que poidan xurdir polo COVID. Cubela agradeceu que o Goberno asuma esta petición que plantexou o Partido Popular nas reunións de seguimento do COVID, xa que está convencido de que “vai ser unha ferramenta moi útil para apoiar e asesorar a todos os concellos desta provincia”. 

    Cubela explica que “os concellos son a administración máis próxima ao cidadán, son os primeiros en actuar, teñen que tomar moitas decisións e adoptar medidas en medio dunha situación extraordinaria na que poden xurdir dúbidas, mentres que a Deputación de Pontevedra ten recursos humanos e técnicos que poden aclarar moitas das dúbidas que xurdan á hora de tomar decisións”. En definitiva, sinala, trátase de aproveitar os recursos da institución provincial para poñelos ao servizo dos concellos.

    Outra das propostas feitas polos populares e que tamén se incluíu nas comisións informativas que se celebraron esta mañá, é modificar as bases do Plan Concellos, para poder incrementar as porcentaxes que se destinan para a liña 3, emprego. Deste xeito, o acordo adoptado é que os concellos poidan incrementar do 22 ao 30% a cantidade que destinan para a contratación de persoal. “Está claro que as necesidades e prioridades dos concellos cambiaron desde o 15 de marzo, e polo tanto era necesaria unha maior flexibilidade para que os concellos puideran destinar os recursos que reciben da Deputación da forma máis útil”, valora o voceiro popular.

    Non son as únicas propostas do PP desde a declaración do estado de alarma. Entre outras moitas iniciativas, os populares tamén pediron que se habilitase un programa especial para que os concellos puideran celebrar telematicamente os seus plenos neste tempo, ou axudas económicas para apoiar aos concellos de ata 50 mil habitantes. Tamén consesuaron medidas como aplicar a porcentaxe do superávit que o decreto do estado de alarma permitiu empregar para apoiar aos concellos pequenos e medianos da provincia. “E desde o grupo seguiremos traballando para presentar propostas e iniciativas que entendemos serán importantes para dar resposta non só á crise sanitaria, senón tamén á crise económica e social que se deriva desta pandemia”. Nesta liña, recorda que os populares estiveron reuníndose cos sectores económicos e sociais da provincia para escoitar a súa situación e coñecer a súa realidade, e presentar medidas para reactivar a economía da provincia.