Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA PIDE QUE SE REPOÑA O SERVICIO DO SAF

    Silleda, 21 de marzo de 2020. Esta semana o Concello de Silleda decretou a suspensión da prestación do Servizo de Axuda no Fogar e limitalo a casos de extrema necesidade, desoíndo desta maneira as recomendacións de todalas adminsitracións tanto Autonómicas como estatais.

    Ignacio Maril recordou que “O SAF e un servizo que presta axuda as persoas maiores que precisan de asistencia diaria nos seus fogares para levar a cabo as tarefas diairas máis básicas, polo que estamos a falar dun servicio esencial para os nosos maiores, que lle sirve de apoio tanto físico como psicolóxico e de acompañamento en situación normais, e polo tanto aínda máis en momentos tan complicados como os que estamos a vivir.”.

    Dende as filas populares salientaron ademáis que ningunha administración realizou esta recomendación, se non máis ben todo o contrario según suliñou o voceiro do Partido Popular. “As recomendacións que se trasladan tanto dende a Xunta como dende o Ministerio de Dereitos sociales van precisamente no sentido contrario, o que din e que se debe garantir e incluso reforzar os servicios de asistencia no fogar, e incluso evaluar a súa extensión non só os usuarios que xa disfrutaban dese servizo antes da declaración do estado de emerxencia, senón tamén a aqueles usuarios de centros de día que tralo seu peche non poden acudir a estes centros e teñen que quedar nos seus fogares aillados, así como a calquer outro que o precise e non tivera previamente recoñecido o dereito a esta prestación, extendendo incluso as atención a outras actividades que por motivos de aillamento non poda ser desenvolta polos usuario do servicio, como axudar a realizar a compra ou outras actividades cotidias .”

    Para os populares, polo tanto, este é un dos últimos servicios cuxa prestación se debería suspender dende o Concello, sobre todo porque se prestan a persoas que previamente foron avaliadas polos servizos sociais, e se determinou que precisaban desta axuda, non e polo tanto algo superfluo ou discrecional, nin se pode falar de casos de extrema necesidade, xa que tódolos usuarios precisan do servizo, e a súa suspensión supón deixar sen axuda as persoas que máis o precisan no noso Concello.  

    Por todo elo dende o Partido Popular de Silleda, solicítanlle o Alcalde que reconsidere a súa decisión, e que repoña a prestación do Servizo de Axuda no Fogar de xeito inmediato, e garanta o servizo a todolos usuarios asì como que se revisen os casos de todas aquelas persoas que tiveron que deixar de asistir os centros de día.

    REFORZO DE DESINFECCIÓN DAS RÚAS

    De igual maneira os populares solicitaron tamén que se reforcen os servizos de desinfección das rúas principalmente dos dous cascos do noso Concello, tal e como se esta a facer en moitos Concellos do noso entorno.

    O Voceiro do Partido Popular declarou ante as decisións adoptadas dende o Goberno Local que “Estamos vendo pola información que hai na paxina web do Concello que se ía comezar coa desinfección de instalacións públicas como campos de fútbol, pabellóns ou colexios cando precisamente estas instalacións non estando ningún tipo de uso o encontrarse pechadas o pubíco dende a declaración do estado de emerxencia, polo que pedimos que se revisen estes protocolos e se centren naqueles lugares nos que sigue habendo unha afluencia grande de veciños, como pode ser o entorno dos supermercados, farmacias, centros de saúde e demáis negocios e instalacións que siguen con actividade, así como a extensión a desinfección de todalas rúas de maneira regular, así como nos puntos das distintas parroquias nos que sigue acudindo a xente como poden ser as pequenas tendas de alimentación, paradas de transporte público ou outros servizos, pois son medidas fundamentais para evitar a propagación do virus.”.

    Ignacio Maril, quiso apelar tamén a responsabilidade da xente para que se respecten as recomendacions das distintas autoridades tanto administrativas como sanitarias, e agradeceu o esforzo dos veciños que estan respetando o illamento domiciliario.