Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O GOBERNO LOCAL DEIXOU SEN PAGAR FACTURAS DE 2019 POR VALOR DE 1,6 MILLÓNS DE EUROS

    • PSOE e MS demostraron, unha vez máis, unha pésima xestión económica municipal.
    • Os populares denuncian a falta de explicacións aos provedores polo impago das facturas que levan meses e meses esperando a que se lle abonen.
    • “O triste e bochornoso é ver como aínda alardean da situación, como si non fose con eles, dando a entender que lles importa ben pouco incumprir a lei e non pagar as facturas en 30 días”.
    • Pasamos de 900.000 € de exceso no gasto en 2018 a 1.640.000 € en 2019, gastaron un 36% máis do orzamento, o máximo da historia do noso concello.

     

    13 de marzo de 2020. O Partido Popular de Salceda critica que en só dous meses o Goberno local xa aprobou dous recoñecementos extraxudiciais de crédito de 1,6 millóns de euros, por facturas sen pagar aos proveedores polos traballos que fixeron para o concello durante o ano 2019. Ademais, alertan de que, tal e como recolle o informe do servizo municipal de intervención, “carecen de todo tipo de tramitación administrativa e contable e non consta a xustificación da súa necesidade, fiscalización e autorización previa de gasto”.

    Para o concelleiro, Joaquín Núñez Troncoso, esta situación “é moi grave, e demostra que temos un Bipartito que non sabe xestionar”, e explica que hai facturas sen pagar en todas as áreas municipais, facturas a pequenas e medianas empresas do concello e da comarca ás que se lle deben seguros de vehículos municipais, limpeza das instalacións municipais, flores para a alcaldía, pero tamén consumos eléctricos e a luz dos coles, entre outras moitas.  En total, 1.996 facturas por valor de 1.641.579,43 €, “unha auténtica barbaridade”.

    Para o grupo maioritario da corporación, “nada cambiou a pesar do novo goberno bipartito. Máis ben todo o contrario, a situación empeora cada mes e seguen sen dar a cara, seguen sen dar explicacións ós provedores e engañando ós veciños de Salceda ao respecto”.

    Ademáis, os populares fanse eco da hemeroteca, e recordan que en 2016, a voceira socialista dicía que era unha barbaridade que o recoñecemento extraxudicial de crédito acumulase 640.000 euros, e recoñecía a mala xestión da Concellería de Facenda. “Agora estando dentro do goberno, non só votan a favor do recoñecemento, senón que este case triplica a cantidade impagada con respeto o que votou en contra o mandato anterior”.

    En definitiva, “o que queremos deixar ben claro é que o Grupo Popular  vota en contra da pésima xestión económica do goberno e a desfachatez para contratar traballos e servizos que non poden pagar no ano en que foron feitos ou prestados, sen importarlles cando van cobrar os provedores e si son quen de aguantar meses e meses sen ver ni un só euro do traballo feito. Como exemplo, hai facturas de novembro do 2018 de 14.000 € neste REC de 2020, outras de maio de 2019 e outras de agosto, e decir, facturas de fai máis de ano e catro meses sen pagar, e iso que decían a principios do ano 2019 (no REC 1/2019) que o Concello tiña moita liquidez” afirmou o voceiro Davila.

    No Grupo Municipal Popular, recordan a postura coherente do mesmo respecto do seu posicionamento, “cando son REC sensatos, normales, de importes no entorno a 300.000 €, sempre nos abstivemos, e lembra que o REC é para imprevistos non contemplados no orzamento e que xurden durante o exercicio, porque sabemos que entra dentro do razoable, pero non en 1,6 M€, que supón un 36% máis do previsto, e o peor, que a xente non cobre o rematar o traballo ou a prestación do servizo”, rematou o Concelleiro Rodríguez Davila.