Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda destaca que Pontevedra vai ser fundamental para apuntalar outra maioría absoluta de Feijoo en Galicia

    • O presidente provincial di que “Feijoo é o mellor candidato posible, que garante estabilidade e crecemento para Galicia”.

     

    12, febreiro, 20.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, destaca a importancia que terá a provincia para apuntalar unha nova maioría absoluta de Feijóo en Galicia o próximo 5 de abril. Rueda recoñece que “temos por diante un reto difícil, hai que traballar moito para conseguir os once deputados de 2016, pero somos plenamente conscientes de que co traballo que xa temos feito, e o que nos queda por facer, esa posibilidade está moi próxima”.

    O que ten o PP de Pontevedra por diante, engade, “é moito traballo a pé de rúa, un traballo intenso cos veciños, pegado aos concellos, que ademais é o que mellor sabemos facer”. Rueda valora que “ter xa a confirmación de que Feijóo é o candidato é a mellor das noticias. Temos o mellor candidato posible, que garante a estabilidade e o crecemento de Galicia, pero sobre todo, que quedemos fóra de todo o malo que estamos vendo noutros lugares”.

    Por iso, considera que “os cidadáns desta provincia saberán valorar todo o traballo feito, os logros conseguidos e a xestión responsable do Partido Popular, para o que Galicia sempre é a prioridade absoluta. Ademais, despois de tres lexislaturas Feijoo é a mellor garantía para o futuro de Galicia”.

    Por último, o líder dos populares entende que o PP de Pontevedra afronta esta convocatoria electoral reforzado tralos resultados das xerais de novembro, no que subiu un deputado e un senador con respecto á convocatoria de abril, e co descenso de número de votos do PSOE en todos os concellos da provincia.