O PP de Pontevedra non vai permitir ao novo Goberno agravios de investimentos na provincia fronte a outros territorios

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Pontevedra non vai permitir ao novo Goberno agravios de investimentos na provincia fronte a outros territorios

    • Alfonso Rueda centra o primeiro comité de dirección de 2020 para marcar obxectivos, nun ano marcado polas eleccións autonómicas.
    • “Serán fundamentais para decidir entre a estabilidade que hai en Galicia ou o caos e a parálise de España”.
    • “Seguiremos defendendo os proxectos da provincia en Madrid, fronte a un PSOE provincial que está plenamente plegado aos intereses partidistas de Pedro Sánchez”.

     

    15, xaneiro, 20.- O Partido Popular de Pontevedra reuniu esta tarde ao seu comité de dirección para establecer os obxectivos para este 2020. O presidente provincial, Alfonso Rueda, incidiu en que é un ano decisivo, no que se van convocar as eleccións autonómicas e, polo tanto, a maquinaria electoral do PP continuará totalmente activada.

    Rueda referiuse á formación do novo goberno, e destacou  que “desde o PP de Pontevedra seguiremos defendendo os proxectos da provincia en Madrid, fronte a un PSOE provincial que está plenamente plegado aos intereses partidistas de Pedro Sánchez”. Así, dixo que “non imos permitir agravios de investimentos fronte a outros territorios, porque a etapa de Pedro Sánchez como presidente do Goberno está sendo unha etapa totalmente perdida para os concellos de Pontevedra”.

    Rueda recordou que o nudo dos Bombeiros en Pontevedra estaba incluído nos orzamentos xerais do Estado que aprobou Rajoy. De feito, explicou, o Goberno de Rajoy destinou nos orzamentos de 2018 un millón de euros para esta remodelación, e reservou 6 millóns para executar a obra ao longo de 2019. “Desde entón, non se fixo absolutamente nada”, lamentou.

    Pero ademais do nudo dos bombeiros, Rueda destacou outros proxectos que tamén están paralizados desde a chegada de Sánchez ao Goberno e que os populares seguirán defendendo, como por exemplo a circunvalación de Pontevedra; unha solución ao impacto económico e laboral que suporía o peche da factoría de Ence; melloras na N120 e Variante de Ponteareas, que tiña 27 millóns de euros asignados, así como a ampliación da Edar municipal tamén neste concello; a Autovía Vigo-O Porriño; a supresión da peaxe de Redondela; e manter os prazos do Ave, entre outros.

    Por último, Rueda incidiu en que “o Partido Popular aspira a gañar e gobernar, e para conseguilo temos unha maquinaria que non se detén, máxime cando é ano electoral”. Unhas eleccións, sinalou, “fundamentais para seguir garantindo a estabilidade que ten Galicia fronte ao caos, inestabilidade e parálise que sufrimos en España. Nas autonómicas decidirase entre a estabilidade do PP e un multipartido con pelexas diarias entre os seus socios”. Ademais, o líder dos populares entende que o PP afronta este ano reforzado tralos resultados das eleccións xerais de novembro, no que subiu un deputado e un senador con respecto á convocatoria de abril, e co descenso de número de votos do PSOE en todos os concellos da provincia.