Os 3 Alcaldes votan a favor de subir o IBI a todos os veciños e veciñas de Poio

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os 3 Alcaldes votan a favor de subir o IBI a todos os veciños e veciñas de Poio

    • Está mañá celebrouse o Pleno Extraordinario solicitado polo PP de Poio para frear a subida do IBI para este ano 2020 e seguintes no que os 3 Alcaldes confirmaron a subida deste imposto e das Plusvalías.
    • «Desde o grupo maioritario da Corporación, desde o PP de Poio, mostramos ao principio da sesión a nósa desconformidade co horario da sesión plenaria (9:15 horas) xa que na solicitude deste Pleno Extraordinario pedíamos explícitamente un horario acorde e adecuado para que os veciños e veciñas poidasen conciliar coa familia e co traballo e puideran asistir a este Pleno.
    • «Antes de explicar a nosa postura pedísmoslle a comparecencia o Alcalde Sobral para que explicase o motivo da petición voluntaria que fixeron os 3 Alcaldes para subir o IBI en Poio. Tras unha breve e confusa exposición do Sr. Sobral, en resumo e literalmente “a medida de subir o IBI “é boa” para a veciñanza de Poio»
    • «Que todo o argumentario do Alcalde Sobral para subir o IBI en Poio fora que “é unha boa medida” demostra a prepotencia do BNG de Poio e é unha traizón e unha burla a toda a veciñanza».
    • «Os 3 Alcaldes solicitaron a Catastro esta subida do IBI e das Plusvalías con nocturnidade e con alevosía xa que non levaron este asunto a ningunha Comisión de Facenda nin tampouco a ningún Pleno, nin tan sequera como un “dar conta”: é esta a rexeneración e a transparencia que prometía Avante Poio?. Cada día estraña menos que o Concello de Poio teña un 0 en Transparencia na Plataforma Dyntra».
    • Pereira recalcou que o equipo de goberno de Poio pediu voluntariamente no ano 2019, ás agachadas, e sen necesidade a subida dos valores catastrais para así subir o IBI e as Plusvalías e recadar moito máis.
    • Moldes recordou que alardean de conxelación de impostos en Poio pero a realidade é a que é: «Pagamos a taxa de basura máis alta de Galicia, pagamos a taxa de vados máis alta da provincia, pagamos un das taxas de auga máis alta e os 3 partidos de goberno en vez de baixar o IBI como están a facer a inmensa maioría de Concellos… o volven a subir».
    • Moldes quéixase de que o Alcalde Sobral, unha vez todos os portavoces expuseron a súa postura sobre a exposición do PP de Poio, non lle deixou o concelleiro popular o turno de réplica que lle corresponde por lei.

     

    14 de xaneiro de 2020. Está mañá celebrouse o Pleno Extraordinario solicitado polo PP de Poio para frear a subida do IBI para este ano 2020 e seguintes no que os 3 Alcaldes confirmaron a subida deste imposto e das Plusvalías.

    Os populares antes de comezar o Pleno quixeron mostrar o seu rexeitamento ao horario da sesión (9:15 horas) convocado polo Alcalde Sobral: «Desde o grupo maioritario da Corporación, desde o PP de Poio, mostramos ao principio da sesión a nósa desconformidade co horario da sesión plenaria xa que na solicitude deste Pleno Extraordinario pedíamos explícitamente un horario acorde e adecuado para que os veciños e veciñas poidasen conciliar coa familia e co traballo e puideran asistir a este Pleno: isto é mostra da cobardía política do Alcalde Presidente da Corporación que é quen fixa o horario deste Pleno e mostra de como queren os 3 Alcaldes tapar as vergoñas do equiopo de goberno para que non as presencien os veciños», indicou o concelleiro, para asuntos económicos, Sergio Pereira.

    O Pleno iniciouse coa comparencia do Alcalde Sobral, tal e como pediu o PP de Poio, para explicar e motivar a actualización dos valores catastrais e a subida do IBI e das Plusvalías: «Antes de explicar a nosa postura pedísmoslle a comparecencia o Alcalde Sobral para que explicase o motivo da petición voluntaria que fixeron os 3 Alcaldes para subir o IBI en Poio. Tras unha breve e confusa exposición do Sr. Sobral, en resumo e literalmente “a medida de subir o IBI “é boa” para a veciñanza de Poio», explica Pereira.

    Para os populares que o Alcalde diga “é boa” a medida de subir o IBI os veciños e veciñas de Poio é unha tremenda traizón e unha broma de moi mal gusto: «Que todo o argumentario do Alcalde Sobral para subir o IBI en Poio fora que “é unha boa medida” demostra a prepotencia do BNG de Poio e é unha traizón e unha burla a toda a veciñanza».

    O Concelleiro popular responsable en materia económica explicou como o grupo maioritario da Corporación do Concello de Poio, o PP de Poio, enterouse desta subida do IBI e das Plusvalías: «O sábado, 28 de decembro, enterámosnos polo BOE que os 3 Alcaldes que temos en Poio solicitaron a Catastro en 2019 subir os valores catastrais de todos os veciños e veciñas de Poio para este 2020 e seguintes, subindo deste xeito o recibo do IBI e as Plusvalías: isto é un espolio fiscal, formaba parte isto do seu pacto “secreto” de goberno?», pregúntase Pereira.

    «Os 3 Alcaldes solicitaron a Catastro esta subida do IBI e das Plusvalías con nocturnidade e con alevosía xa que non levaron este asunto a ningunha Comisión de Facenda nin tampouco a ningún Pleno, nin tan sequera como un “dar conta”: é esta a rexeneración e a transparencia que prometía Avante Poio?. Cada día estraña menos que o Concello de Poio teña un 0 en Transparencia na Plataforma Dyntra», indica Pereira.

    Os populares votáronlle en cara ao BNG de Poio as mentiras do Alcalde Sobral e do Concelleiro Barreiro cando presentaron os presupostos en rolda de prensa fai menos de dous  meses: «O Alcalde e o Concejal de Facenda, fai menos de dous meses, cando presentaron os presupostos presumían de conxelación de impostos e o últoimo BOE do ano 2019 demostrou que isto era outra mentira: a subida destes impostos municipais afecta a todos os vecinos e veciñas. Todos eles veranse afectadas polo mesmo incremento, sexa cal sexa o seu nivel de renda».

    Pereira recordoulle o equipo de goberno que a medida de subir o IBI a todos os veciños de Poio non é unha medida progresista nin xusta e lles plantexou unha pregunta: “Sabedes porque o IBI afecta menos os que son ricos e máis ás clases medias e ás clases baixas? É moi sinxelo: Porque cando chega o mes de pagalo… o rico nin se entera que ten que pagar 400€, 500€ ou 800€ de recibo mentres que para o que non é rico é moita cantidade de cartos… pois como para coller e subirlle o recibo como o estades facendo vos a todos os veciños e veciñas de Poio, o 95% de veciños de Poio non somos ricos”.

    Pereira recalcou que o equipo de goberno de Poio pediu voluntariamente no ano 2019, ás agachadas, e sen necesidade a subida dos valores catastrais para así subir o IBI e as Plusvalías e recadar moito máis: «Dos 313 Concellos de Galicia, so pedieron a Catastro esta actualización de valores 22 Concellos (da provincia da Coruña 3, da de Lugo 4, da de Ourense 5 e da de Pontevedra 10) pois ben: Poio, destes 22, é o Concello que ten a ponencia de valores catastrais máis recente, a máis actual: do 2003 o que demostra que isto é un espolio fiscal en toda regra», destaca Pereira xa que «ademáis de ter a ponencia más recente, acaban de facer una regularización catastral no 2018 pola cal o Concello de Poio ingresou en atrasos dos últimos 4 anos… máis de 600.000€… negáronse en varias ocasións a baixar o tipo impositivo do IBI do 0,47 ao 0,43 tal e como pediu este grupo popular e non aplicaron nin aplican bonificacións… tal e como fan todos os Concellos da provincia».

    Pereira recordoulles que os 3 Alcaldes están a subir o tipo impositivo do IBI en Poio: “Ao subir os valores catastrais un 3%, estades subindo o tipo impositivo do IBI dun 0,47 a un 0,4841, isto é un expolio fiscal en toda regra”.

    O portavoz popular Ángel Moldes, no turno de intervencións, tamén tomou a palabra: «Nas eleccións municipais do 26M a veciñanza falou alto e claro, apoiaron de forma masiva o programa electoral do PP de Poio que levaba entre oturas medidas a baixaba do IBI mentres que o BNG, que baixou miles de votos e perdou as eleccións e ostenta a Concellería de Facenda, está claro que non colleu o recado da veciñanza xa que a primeira medida que toma para este 2020 é subirse un 15% os soldos e subir o IBI e as Plusvalías a todos os veciños e veciñas do noso municipio».

    Moldes recordou que alardean de conxelación de impostos en Poio pero a realidade é a que é: «Pagamos a taxa de basura máis alta de Galicia, pagamos a taxa de vados máis alta da provincia, pagamos un das taxas de auga máis alta e os 3 partidos de goberno en vez de baixar o IBI como están a facer a inmensa maioría de Concellos… o volven a subir».

    Moldes quéixase de que o Alcalde Sobral, unha vez todos os portavoces expuseron a súa postura sobre a exposición do PP de Poio, non lle deixou o concelleiro popular o turno de réplica que lle corresponde por lei: «Quitarlle o turno de réplica, sen motivo algún, a un concelleiro é algo que non sucedera nunca na historia democrática do Concello de Poio. Con este novo goberno están a pasar cousas moi sestrañas: firman decretos prohibindo acceder a documentación á oposición, quítannos acceso a expedientes municipais e agora quítanlle a réplica ao noso concelleiro popular durante o Pleno Extraordinario de hoxe», conclúe Ángel Moldes.