Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Partido Popular aposta por unha área metropolitana con servizos e non por unha Mancomunidade sen contido

    •  Os concelleiros do PP non participarán no Pleno da Mancomunidade, unha convocatoria que evidencia o fracaso de Caballero para liderar un organismo potente e operativo
    • O PP considera que se trata dun órgano totalmente superado e que debe ser substituído por unha área metropolitana que inclúa o transporte entre os seus servizos

     

    13, xaneiro, 2019.-  Os concelleiros do Partido Popular representantes na Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo non participarán no Pleno da Mancomunidade que terá lugar hoxe, 13 de xaneiro.

    O motivo desta ausencia non é outro que o de que o Partido Popular considera que a Mancomunidade é un organismo totalmente superado. Así, o Partido Popular aposta por unha Área Metropolitana funcional, que dea servizos aos cidadáns, na que se inclúa o transporte metropolitano que é un dereito da cidadanía da área e unha obriga legal.

    A Área Metropolitana é a base na que se deben asentar os concellos. Non deben facelo nun organismo obsoleto sen apenas movemento. O Partido Popular non entende estes plenos que carecen de contido e que non serven máis que para o autobombo persoal de Abel Caballero. De feito, constitúen unha evidencia do fracaso do alcalde de Vigo para liderar un organismo potente e operativo.

    A negativa de Abel Caballero a participar no transporte metropolitano, á diferenza do resto das cidades galegas, gobernadas por toda clase de cores políticas, mantén paralizada á área, sen ningún outro motivo que a confrontación política coa Xunta de Galicia. Esta decisión prexudica sobre todo aos veciños e veciñas de Vigo e de toda a área, que pagan dobremente o custe deste servizo e que non poden acceder aos beneficios do programa que si teñen outras cidades galegas.