O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA CRITICA A NOVA SUBIDA DO IBI

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA CRITICA A NOVA SUBIDA DO IBI

      

    Silleda, 31 de decembro de 2019.- O Partido Popular de Silleda criticou a nova subida do recibo do IBI, que xa sufreu un espectacular incremento no último ano. O voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril sinalou que “Neste último ano a cifra que recauda o Concello por impostos directos como o IBI incrementouse dun xeito desproporcionado”.

    Dende o Partido Popular deron datos concretos, “A falta de pechar a liquidación do ano 2019, o que vemos nas últimas liquidacións e que os veciños de Silleda pagaron máis de 500.000 euros máis en impostos, o que non e razoable, o Concello pasou de racaudar 2.007.718,56 euros no ano 2017, a recaudar 2.546.371,54 euros no ano 2018. Estamos a falar dun 25 % máis nun só ano o que é absolutamente desproporcionado e da boa conta das políticas que están levando a cabo os socialistas no noso Concello.”

    Os populares destacaron que este incremento tamén se produceu nas taxas que recada o Concello, e que tamén aumentaron en case 600.000 euros dende o principio da anterior lexislatura. Según apuntou Ignacio Maril “Este incremento dos impostos non é razoable xa que non ven acompañado dun incremento nos servicios que reciben os veciños, e porque o final os pensionistas do rural, o recibo de contribución lévalle case un mes da paga que cobran. Presumen de bos números e de xestión, pero o final o único que fan e aumentar os impostos.”

    Para Ignacio Maril este é un novo engano do goberno do señor Cuíña “Debería darlle vergonza o que lle están facendo ós veciños. Foron polas parroquias engañando a xente e ocultándolle o que ían facer, e mentras nos contábamos a verdade chamábannos mentirosos diante dos veciños, pero o final a verdade sae a luz, e o tempo vai poñendo a cada un no seu sitio. O único que saben facer e enganar a xente e subirlle os impostos para despois subirse os soldos. E unha auténtica vergonza.”

Add comment


Security code
Refresh