Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP critica que os orzamentos “anti provincia e anti concellos” da Deputación para 2020 evidencian o abandono do rural

    • Jorge Cubela denuncia que mentres se aumentan as partidas en gastos correntes e promoción da presidenta, redúcense os cartos que se destinan para os pequenos e medianos concellos da provincia e para investimentos.
    • Luis López lamenta que non hai ningunha medida específica nin proxecto para combater a despoboación no rural.
    • “Esta Deputación está abrindo unha importante brecha e desequilibrio territorial”, sinalan.

     

    27, novembro, 2019.- O Partido Popular denunciou esta mañá que o orzamento da Deputación de Pontevedra para o ano 2020 son “anti provincia e anti concellos”, e que ademais evidencian o abandono do rural. Así, criticaron que mentres se aumentan as partidas en gastos correntes, asesores e promoción da presidenta, redúcense os cartos que se destinan para os pequenos e medianos concellos da provincia e para investimentos.

    Foi durante a rolda de prensa que ofreceron os deputados provinciais Jorge Cubela e Luis López en Lalín, á que tamén asistiron concelleiros populares de Lalín, Agolada, Vila de Cruces  e Silleda. López incidiu en que “non se contempla ningunha medida específica nin hai proxecto para combater a despoboación no rural” e, pola contra, “o que está facendo esta Deputación é abrir unha importante brecha e desequilibrio territorial”. Neste senso, cuestionou que nos cinco meses que levan de mandato, os convenios que se asinaron foron exclusivamente con Vigo e con Pontevedra. “No Deza tamén se necesitan investimentos e convenios deste tipo, así que deberían explicar que é o que teñen que facer os concellos da nosa comarca para poder asinalos”.

    Ademais, tamén criticou que non parece lóxico que o criterio para actuar nas estradas provinciais sexa o fluxo de tránsito, “porque é unha forma clara de desviar os investimentos cara os concellos con máis poboación”. Por iso, considera que é fundamental unha discriminación positiva para os concellos do rural.

    Pola súa parte, Cubela recordou que o PP ten o único deputado do Deza, e que ademais é o único partido con representantes en todos os partidos xudiciais da provincia. Por iso, incidiu, coñecemos e defendemos as necesidades, prioridades e demandas de todas as comarcas. Ademais, incidiu en que a través da Lei de racionalización das administracións locais e das deputacións, se condicionan as competencias das institucións provinciais, que pasan por cooperar e servir de financiamento en servizos básicos para concellos pequenos e medianos. “Esta é a esencia das deputacións e debería ser a esencia tamén da Deputación de Pontevedra. Pero o que temos para o ano 2020 son uns orzamentos anti concellos e anti provincia, para os que non se contou nin cos concellos, nin cos alcaldes nin cos colectivos”, apuntou.

    “Os pequenos e medianos concellos só temos o Plan Concellos que o próximo ano, ademais, se reduce en máis de 1,2 millóns de euros”. E mentres se reducen as partidas que van recibir os pequenos e medianos concellos, dixo, aumentan as partidas para gasto corrente en máis de 3 millóns de euros, para a promoción e publicidade da presidenta en 3,5 millóns e o gasto de asesores en 2,2 millóns de euros, “creando unha auténtica estrutura de comisarios políticos por riba das xefaturas de servizo para ver con quen falan, quen chama e que información se ofrece. Control político absoluto da Deputación. Partidas moi importantes que de destinarse a investimentos beneficiarían moito máis aos concellos”.

    Cubela referiuse tamén ao informe de intervención sobre os orzamentos 2020 que advirte que este aumento en gasto corrente impiden que as partidas de investimentos poidan ser maiores. De feito, dos 161 millóns de euros do orzamento para o ano 2020, 110 millóns son para gasto corrente.

    Outra das cuestións que criticou o voceiro do grupo provincial foi que en todos os anos que levan gobernando, o Bipartito foi incapaz de liquidar nin o 50% do orzamento. “Unha cantidade moi importante e que din claramente que están facendo orzamentos, con partidas moi xenéricas, que son incapaces de xestionar. De todo o orzamento, ademais, as partidas máis baixas en execución son as dos capítulos 6 e 7, referidas aos investimentos e ás transferencias aos concellos”.