O PP afirma que o BNG de Poio está contento co deterioro do Consultorio de Raxó

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP afirma que o BNG de Poio está contento co deterioro do Consultorio de Raxó

    • A voceira do PP de Poio para a Raxó, Tamara González, indicou que as críticas destes días do BNG ao Consultorio de Raxó son unha extratexia para pechalo sen oposición veciñal.
    • Os populares agradecen a labor da Confraría xa que están prestando un local sen recibir nada a cambio e aseguran que non se pode admitir que sexan eles os que teñan que pagar o mantemento do local.
    • «O abandono do Concello é total: antes pintaban é facian labores de mantemento pero agora prefiren deixar caer o consultorio para ter una desculpa para pechalo e deixar aos veciños e veciñas de Raxo sen médico».

     

    Poio, 27 de novembro de 2019. A voceira do PP de Poio para a Raxó, Tamara González, indicou que as críticas destes días do BNG ao Consultorio de Raxó son unha extratexia para pechalo sen oposición veciñal.

    «Desde o PP solicitamos que os desperfectos se solucionen o antes posible pero avisamos á veciñanza de que non se fíe da falsa defensa do BNG ao Consultorio de Raxó xa que o único que buscan e desprestixialo para pechalo sen oposición veciñal», anunciou.

    Os populares agradecen a labor da Confraría xa que están prestando un local sen recibir nada a cambio e aseguran que non se pode admitir que sexan eles os que teñan que pagar o mantemento do local.

    «O abandono do Concello é total: antes pintaban é facian labores de mantemento pero agora prefiren deixar caer o consultorio para ter una desculpa para pechalo e deixar aos veciños e veciñas de Raxó sen médico», indica a portavoz popular para Raxó.

    Dende o PP recórdanlle ao BNG que sempre votaron a favor das mocions que pedían solucionar os problemas coa sanidade en Poio.

    Para rematar, Tamara González, indica que “é tal a incompetência do equipo de goberno que algunha Concelleira do BNG non sabía nin tan sequera que teñen un Concelleiro de saúde e sanidade”.

Add comment


Security code
Refresh