Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP PIDE EXPLICACIÓNS POLO FORTE DESCENSO DE ALUMNOS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE POIO

    • Esixirán a Marga Caldas que aclare os motivos de que, cos propios datos do Concello, o número de inscritos nas escolas deportivas baixase en 200 rapaces, máis ainda cando din que o orzamento subiu un 10%.
    • Este venres Caldas anunciou que este ano as escolas teñen 600 alumnos. O PP recorda que en 2018 Caldas cifraba en 800 os alumnos das Escolas e outros anos falaba de 900: «Como pode ser que mentres sube o padrón municipal e sube o orzamento dedicado ás escolas deportivas, hai 200 nenos menos inscritos?».
    • Tucho Muíños agradece o «labor impagable» dos clubes, que demostran que as modalidades xestionadas por estes son as que mellor funcionan, así como o traballo constante dos monitores, e controlará para que non se repitan os problemas de impagos por parte do concello dos últimos anos.
    • O PP denuncia que a “penosa xestión deportiva” dos 3 alcaldes conserva os mesmos vicios que a do Bipartito, cunha concelleira, Marga Caldas, «obsesionada por facer fotos e conseguir titulares» mentres a súa incapacidade de xestionar multiplica os problemas do deporte en Poio.
    • Os populares recordan a incapacidade dos 3 alcaldes para mellorar as instalacións deportivas ou crear equipamentos novos, as queixas de seccións históricas como o kickboxing, os problemas nos vestuarios do campo reformado ou coa auga no pavillón e no ximnasio e mesmo os problemas da recén creada Escola de Baloncesto, que carece de canastras adaptadas á altura dos alumnos: «Non se poden facer peor as cousas despois de 25 anos de chapuzas e mala xestión que continúan cos 3 alcaldes»

     

    23 de novembro de 2019. O PP de Poio pedirá explicacións ante o gran descenso de inscricións nas escolas deportivas de Poio destapado pola concelleira delegada desta área, Marga Caldas, despois de que en rolda de prensa este venres Caldas dixese en rolda de prensa que o número de inscritos este ano é de cerca de 600, douscentos menos dos que o propio concello dicía que estaban inscritos o ano pasado.

    O edil popular, Tucho Muíños, esixiu aos 3 alcaldes, e en particular á concelleira nacionalista, que aclaren os motivos para esta enorme baixada, de case un 25%, un dato que consideran aínda máis preocupante «cando segundo a concelleira de deportes o orzamento destinado ás Escolas Deportivas subiu un 10%».

    Muíños recordou que na presentación das Escolas deportivas do ano pasado, o concello cifrou en 782 os inscritos nas distintas modalidades deportivas, e destacou que en anos anteriores a propia Caldas chegou a cuantificar en “máis de 900” os alumnos das Escolas Deportivas, e anunciou unha interpelación urxente a Caldas para preguntarlle «cómo pode ser que mentres sube o padrón municipal e sube o orzamento dedicado ás escolas deportivas, hai 200 nenos menos inscritos?».

    Muíños recordou que as Escolas Deportivas puxéronse en marcha hai máis de 25 anos por un goberno do Partido Popular e eran un ente público, e os sucesivos gobernos de BNG e PSOE continuaron o traballo feito polos populares ata que nalgún momento dos últimos anos “privatizaron” as Escolas Deportivas e cederon a xestión a unha asociación privada que recibe as subvencións pero hai unha opacidade total sobre a súa función ou como gasta os cartos e mesmo a súa directiva, xa que o labor principal o desempeñan os monitores e os clubes coa colaboración imprescindible de pais, nais e os propios rapaces.

    Neste sentido Muíños agradeceu o «labor impagable» dos clubes, explicando que os datos demostran que as modalidades xestionadas por estes son as que mellor funcionan, con directivas, monitores e voluntarios centrados en formar na práctica deportiva a centos de rapaces de Poio, a míudo pese ao desinterese e mesmo ás trabas do goberno local.

    Ademais, Muíños recoñeceu o traballo dos monitores, e anunciou que o PP vai estar controlando que non se repitan os problemas de impagos por parte do concello dos últimos anos, que chegaron a provocar a saída de monitores a outros concellos debido á falta de puntualidade e outras irregularidades nos pagos.

    UNHA CONCELLEIRA OBSESIONADA CON FACER FOTOS E CONSEGUIR TITULARES EN LUGAR DE XESTIONAR O DEPORTE

    O PP denuncia que a “lamentable xestión deportiva” dos 3 alcaldes conserva os mesmos vicios que a do Bipartito, con impagos, incapacidade de mellorar ou crear instalacións deportivas e irregularidades de todo tipo, e particularmente censurou a forma de actuar de Marga Caldas, unha concelleira «obsesionada por facer fotos e conseguir titulares» mentres a súa incapacidade de xestionar multiplica os problemas do deporte en Poio.

    Muíños recordou os múltiples problemas neste ámbito durante o último ano, cunha polémica remodelación do campo da Reibou que se fixo sen acordarse dos vestiarios –“Estanse cambiando nun mesmo vestiario varios equipos, non hai espazo ou auga quente”, que se unen os problemas de infiltracións e espazo no pavillón ou no ximnasio.

    O popular recordou as queixas de clubes históricos pola falta e inadecuación das instalacións e mesmo polo boicoteo do propio Concello por parte de seccións emblemáticas, como o KickBoxing, e destacou que «a ansia de Caldas polas fotos e polos titulares levouna a anunciar unha nova sección de baloncesto e despois nos enteramos de que nin sequera teñen canastras axeitadas ás alturas e ás idades dos rapaces usuarios».

    Muíños anunciou que esta mesma semana o PP vai pedir explicacións e, no seu caso, responsabilidades, e lamentou que «Non se poden facer peor as cousas despois de 25 anos de chapuzas e mala xestión que continúan cos 3 alcaldes»