O PP denuncia que os 3 alcaldes seguirán sen rematar a ampliación do Camiño da Granxa pese a facer «anuncios en falso»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que os 3 alcaldes seguirán sen rematar a ampliación do Camiño da Granxa pese a facer «anuncios en falso»

    • Hai 15 días o goberno local anunciou que se dispoñía a rematar o largamente demandado ensanchamento do camiño da Granxa, en Raxó, pero a preguntas do PP en comisión de Urbanismo, admitiron que só se actuará nun tramo de apenas 30 metros.
    • Os populares recordan que non é a primeira vez que o goberno local fai un anuncio falso sobre este camiño en época electoral, e advirten ao PSOE, o partido encargado da desastrosa xestión urbanística do concello, que «deixen de xogar coas expectativas dos veciños nun asunto tan sensible».
    • Rocío Cochón subliña a necesidade da ampliación deste camiño para que, entre outras cousas, poidan circular vehículos de emerxencia, e recorda que os veciños a demandan desde hai anos «pero é evidente que os 3 alcaldes son iguais de incapaces de solucionar os problemas da veciñanza que era o Bipartito»

     

    6 de outubro de 2019. A concelleira do PP de Poio Rocío Cochón advertiu este mércores que o anuncio realizado nas últimas semanas do remate da ampliación do Camiño da Granxa, en Raxó, foi «outro anuncio en falso» do goberno local, polo que un ano máis «os 3 alcaldes seguirán sen dar unha solución aos veciños e usuarios deste camiño que levan esixindo moitos anos».

    Cochón explicou que o pasado 24 de outubro o Concello anunciou nos medios de comunicación que estaba iniciando “a posta a punto definitiva” do vial da Granxa, e que a ampliación deste vial estaría rematada antes de finalizar o ano, un anuncio que, como de costume, resultou ser falso.

    Os populares sorprendéronse por estas declaracións xa que as obras informadas en comisión de urbanismo non encaixaban co anunciado polo concello. Por este motivo, o pasado martes Cochón preguntou en comisión de Urbanismo “en que consistían exactamente as obras anunciadas polos 3 alcaldes en prensa”. O presidente da comisión e concelleiro delegado de Urbanismo Gregorio Agís recoñeceu que as obras en ningún caso supoñen o acondicionamento definitivo deste camiño, senón que soamente se acometerá un tramo de 28 metros, aproximadamente.

    Cochón pediu ao goberno local, e en particular ao PSOE, o partido encargado da desastrosa xestión urbanística do concello tamén no actual mandato que «deixen de xogar coas expectativas dos veciños nun asunto tan sensible». A popular recordou que non é o primeiro anuncio falso sobre este mesmo camiño que o goberno local realiza en época electoral, xa que en setembro de 2016, durante a campaña das autonómicas, anunciaron a finalización das obras no camiño cando soamente ían actuar nuns poucos metros, como esta vez.

    UNHA ACTUACIÓN LONGAMENTE DEMANDADA

    A concelleira popular recordou que os veciños e usuarios deste camiño levan «moitos anos esixindo unha solución ao goberno local que nin antes o Bipartito nin agora os 3 alcaldes son capaces de dar».

    Cochón indicou que xa antes das eleccións municipais de 2015, é dicir, hai 3 mandatos, Luciano Sobral e Chelo Besada prometeron aos veciños o ancheamento dese vial, o que nunca cumpriron. Desde entón, os veciños da zona acodiron a plenos a repetir a súa petición, pediron reunións... todo sen resultado. Cochón subliñou que o ancheamento do camiño é moi necesario, entre outras cousas, para que poidan circular os vehículos de emerxencias, xa que en distintas ocasións houbo urxencias médicas e doutro tipo que se complicaron pola imposibilidade de acceder os vehículos a vivendas situadas no camiño.

    Para Cochón, tanto o anuncio en falso de finalización do camiño como a incapacidade de levar a cabo unha actuación definitiva amosan de que a xestión urbanística do concello, que no anterior mandato foi «a peor da historia de Poio», leva camiño de superarse, xa que «as chapuzas, as mentiras e as oportunidades perdidas van cada vez a máis», e, por outro lado, é «outra mostra de que os 3 alcaldes son igual de incapaces de solucionar os problemas da veciñanza do que era o Bipartito, só que que agora cobrando 3 soldos de alcaldes, que está claro que é o único que lles importa»

     

Add comment


Security code
Refresh