Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ramallo: “Todo o que se sinta de centro e reformista cabe no Partido Popular”

    • “Para unha alcaldesa coma min, resulta difícil entender que obstáculos, que egos ou que cálculos nos levan a repetir eleccións”.
    • Javier Guerra recoda que “en economía o máis importante é xerar confianza e ser previsible. Como vas confiar nun Goberno que minte, como o de Pedro Sánchez?”

     

    3 noviembre, 2019.-  A candidata número 1 ao Congreso do PP de Pontevedra, María Ramallo, pediu esta tarde a unión do voto centro dereita en torno ao Partido Popular o próximo domingo para poder saír do bloqueo e parálise á que Pedro Sánchez e o PSOE teñen sometido ao país.

    Foi durante o mitin no que participou esta tarde en Caldas, xunto ao candidato ao Senado, Javier Guerra, e o voceiro local do PP, Fernando Peréz. “Caldas é un exemplo no que pode mirarse o resto de España, un Partido Popular forte, unido, que non mira a máis opción porque todo o que se sinta de centro e reformista cabe no PP”. Ademais, Ramallo resaltou o papel que xogou Fernando Pérez, “que representa o que é o Partido Popular, un partido no que caben todos. Todos os que buscan o mellor para o seu pobo, para os seus veciños, para os problemas do día a día. Toda esa xente cabe no PP”.

    Durante a súa intervención, a candidata ao Congreso, recoñeceu que “para unha alcaldesa coma min, resulta difícil entender que obstáculos, que egos ou que cálculos nos levan a repetir eleccións”, e lamentou “o circo no que se converteu a formación de Goberno en España”.

    Ademais, recordou que “todos os concellos do país están constituídos desde o mes de xuño, con goberno e funcionando. Cada un coa súa ideoloxía, cos seus partidos de gobernó e cosas súas decisións botaron a andar intentando facelo o mellor posible. E eu me pregunto, por que iso non ocorreu no Goberno de España?”

    A situación, continuou Ramallo, “é máis sangrante” ao ter en conta os “importantes desafíos” aos que se enfronta o país: “desaceleración económica, Brexit, aranceis de EEUU… Aquí, nesta zona, sen ir máis lonxe, coas exportacións do viño. En xeral, noticias preocupantes para o emprego, e todo unido a unha débeda de 700 millóns de Sánchez a todos os galegos que ningún socialista de Pontevedra se atreveu a criticar”.

    No que respecta á provincia, Ramallo recordou que “hai proxectos paralizados, como a supresión da peaxe de Vigo a Redondela, a circunvalación de Pontevedra ou a Variante Oeste de Caldas de Reis. Todos sabíamos que botaríamos de menos a Ana Pastor como ministra de Fomento, pero non tan rápido”, engadiu.

    Pola súa parte, Javier Guerra, fixo fincapé en temas económicos e de emprego. “En economía o máis importante é xerar confianza e ser previsible. Como vas confiar nun Goberno que minte, como o de Pedro Sánchez? A propia Unión Europea díxolle que as súas previsións económicas eran falsas”.

    O cabeza de lista ao Senado, recordou que o PSOE tampouco soubo ver a crise que Zapatero negaba en 2008 e recalcou que, en economía, como en medicina, “é mellor previr que curar”.

    “Fronte á crise, que está á volta da esquina, o que precisamos en España é un Goberno estable e de garantías. É imprescindible poder contar con políticos nos que se poida confiar e que sepan xestionar os recursos, como se fai na Xunta”, engadiu. Para concluír, Guerra recordou a súa intervención en Clesa cando era conselleiro de Economía e Industria para conseguir a súa viabilidade.

    Por último, Fernando Pérez destacou que esta candidatura é “de persoas que buscan asegurar estabilidade e fiabilidade como Goberno, que é o que está pasando en Galicia”. Ademais, puxo a María como exemplo de “xestión municipal e experiencia contrastada pola súa proximidade aos veciños”.

    Con respecto a Javier Guerra, Pérez recoñeceu terlle un “cariño especial”, porque “se comprometeu persoalmente coa fábrica de Clesa. E foi a peza angular para salvar a fábrica. Non vendía fume, vendía traballo e resultados”.