O PP DO PORRIÑO PIDE QUE SE AXUDE A OSÍLICE

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DO PORRIÑO PIDE QUE SE AXUDE A OSÍLICE

    • Os populares solicitan a creación dunha partida de 2.500 euros para a Asociación Galega de Afectados por Silicose, así como o incremento, en base ás súas necesidades, das axudas ao Club Baloncesto Base,  Mosende  AD e Budiño CD

     

    O Porriño, 29 de outubro de 2019.- O PP de Porriño presentou unha moción ao próximo pleno ordinario, que se celebrará mañá mércores 30 de outubro, para que o Concello do Porriño conceda unha axuda á Asociación Galega de Afectados por Silicose,  Osílice.  Trátase de aprobar unha partida de 2.500 euros para axudar a esta asociación para facer fronte aos gastos da súa actividade.

    "Debemos recoñecer o labor que esta asociación vén realizando desde a súa constitución en 2013, asesorando e defendendo os dereitos dos afectados por esta enfermidade que afecta por centos de persoas non só no Porriño, senón en toda Galicia", apuntou Alejandro Lorenzo, "Non é a primeira vez que solicitamos que se apoie o seu traballo desde o Concello, conseguimos que se aprobase en pleno en novembro de 2018. Non é aceptable que non se apoie a esta asociación en base ao labor social que desempeñan e ao gran número de afectados por silicose que hai no noso termo municipal".

    Así mesmo, ante a necesidade urxente que teñen os clubs deportivos de dispoñer de recursos suficientes para o seu funcionamento, os populares piden novamente -xa foi aprobada a instancia deste grupo en 2018-  que se incrementen as partidas destinadas ao Club Baloncesto Base,  Mosende  AD e Budiño CD en 40.000 euros, 3.000 euros e 3.000 euros , respectivamente.

Add comment


Security code
Refresh