O Partido Popular pón en valor o sector do viño e reclama medidas ante os aranceis de Trump

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Partido Popular pón en valor o sector do viño e reclama medidas ante os aranceis de Trump

    •  Os candidatos pontevedreses ao Congreso e o Senado visitaron o Museo da Ciencia e do Viño de Salvaterra de Miño xunto á alcaldesa, Marta Valcárcel.

     

    28 outubro, 2019.-  Os candidatos do Partido Popular ás Cortes puxeron hoxe en valor o sector vitivinícola e reclamaron medidas que permitan paliar os efectos dos aranceis impostos polo presidente de Estados Unidos e que afectan de xeito importante ás exportacións relacionadas co viño.

    Os candidatos ao Congreso Diego Gago, Javier Bas, Miguel García e Ana Cristina Pérez e os candidatos ao Senado Javier Guerra e Santiago Rodríguez Davila acudiron a Salvaterra de Miño, onde a súa alcaldesa, Marta Valcárcel, exerceu de anfitrioa nunha visita ao Museo da Ciencia do Viño.

    “Nós falamos dos problemas reais dos veciños, tanto do que lles afecta a nivel municipal, como do que lles afecta incluso a nivel internacional. Por iso poñemos en primeiro termo o sector vitivinícola, porque esta é a capital do viño do Condado e hai preocupación polo que poida ocorrer cos aranceis impostos por Estados Unidos”, afirmou a alcaldesa, Marta Valcárcel.

    A rexedora insistiu na necesidade de tomar en serio o problema, tamén máis aló dos efectos económicos e de emprego. “Aparte do que supón no que se refire a postos de traballo, aquí o viño é un modo de vida e forma parte da nosa cultura, da nosa historia e incluso da nosa xenética”.

    A visita forma parte da rolda de contactos que a candidatura do Partido Popular está a facer por comarcas para ter contacto directo con alcaldes e portavoces do partido. “Anunciamos unha campaña a pé de rúa e iso é precisamente o que estamos a facer: falar coa xente e escoitala”, sinalou Javier Guerra.

     

Add comment


Security code
Refresh