Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP defenderá no pleno provincial unha moción para apoiar aos corpos e forzas de seguridade desplegados en Cataluña

    • Jorge Cubela destaca que as mulleres e os homes que forman parte destes corpos e forzas de seguridade arriscan as súas vidas para manter a integridade de España e, sobre todo, para garantir e defender os dereitos e liberdades de todos os españois.

     

    27, outubro, 2019.- O grupo provincial do Partido Popular defenderá no próximo pleno da Deputación de Pontevedra unha moción para amosar o apoio de toda a corporación aos corpos e forzas de seguridade do Estado desplegados en Cataluña pola súa labor exemplar para protexer os bens e a seguridade de todos.

    Así o explica o voceiro do grupo, Jorge Cubela, que entende que ante os graves feitos que aconteceron os últimos días en Cataluña tras a publicación da sentenza do Tribunal Supremo ao respecto do referendum ilegal, confía en que toda a corporación amose o seu apoio unánime e incondicional aos corpos e forzas de seguridade como garantes do estado de dereito e da convivencia pacífica.

    Nesta liña, recorda que as mulleres e os homes que forman parte destes corpos e forzas de seguridade arriscan as súas vidas para manter a integridade de España e, sobre todo, para garantir e defender os dereitos e liberdades de todos os españois. “Estes corpos desprazados, entre os que hai moitos galegos, preto dun centenar da provincia de Pontevedra, afrontaron unha situación difícil e un risco real,  e non debemos esquecernos de que a día de hoxe una axente de Vigo continúa recuperándose das graves lesións que lle provocaron durante os disturbios”. Por iso, conclúe, “é preciso que todos manifestemos o noso apoio e recoñecemento unánime ao seu traballo e esforzo. Gracias ao seu traballo, profesionalidade e sacrificio, e a pesar da falta de respaldo das autoridades autonómicas, os cidadáns de Cataluña viron constatada a fortaleza e vixencia do Estado de Dereito”.