Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SILLEDA REXEITA A CELEBRACIÓN DO PLENO DOS PRESUPOSTOS MUNICIPAIS EN PLENA CAMPAÑA ELECTORAL

    • Os populares non consideran axeitado que se celebre o pleno de aprobación dos presupostos en plena campaña electoral.
    • Os populares recordaron que ata o de agora seguen sen aprobarse os presupostos do 2019, polo que é evidente que non era urxente a súa aprobación neste momento.
    • A aprobación celebrase antes de conocer as previsións deifnitivas do goberno central para o 2020, o que en anos precedentes foi considerado como un atranco por Manuel Cuíña para celebrar o pleno de aprobación dos presupostos.
    • Para “Estamos novamente ante unha actuación totalmente arbitraira e partidista do Alcalde Manuel Cuíña. Dalle igual todo, o único que lle importa son os intereses do seu partido e subirse o soldo.”.

     

    Silleda, 26 de outubro de 2019.- O Partido Popular de Silleda criticou que Manuel Cuíña decidirá levar a aprobación do presuposto do Concello para o ano 2020 en plena campaña electoral para as eleccións xenerais.

    Para o voceiro do Partido Popular e unha mostra do uso partidista que dende o goberno municipal se ven facendo das institucións. “Resulta lamentable que habendo so unha semana de campaña electoral, o Alcalde decida traer a discusión no pleno do Concello os presupostos municipais. Entendemos que non é o momento máis axeitado, e a súa dicusión podería adiarse unhas semanas sen ningún tipo de problema.”

    Para os populares non deixa de resultar sorprendente que dende o executivo municipal se decida levar a cabo a aprobación dos presupostos do ano 2020 en plena campaña electoral  cando aínda non foron aprobados osdo 2019, ”É evidente que si ata o de agora estuvemos sen que se aprobase o presuposto do ano do 2019, a aprobación do presuposto do ano 2020 non resulta tan urxente como para ter que levalo a discusión no pleno en plena campaña electoral.”

    Dende as filas populares recordan ademáis que nos últimos exercicios dende o executivo municipal viñan retrasando o debate de aprobación dos presupostos do Concello os primeiros meses do ano, xa que non e ata ese momento cando se dispon de todolos datos anuais precisos para elaborar un presuposto que non precise de axustes posteriores, e polo tanto máis axustado a realiade.

    Para o voceiro popular, Ignacio Maril, estamos ante unha nova mostra de como ven actuando o goberno municipal co señor Cuíña o frente, “Estamos novamente ante unha actuación totalmente arbitraira e partidista do Alcalde Manuel Cuíña. Dalle igual todo, o único que lle importa son os intereses do seu partido, senon non se explica que non quixera someter o pleno a aprobación dos presupostos do ano 2019, e que agora, en contra de todo o que dixo estes anos anteriores, decida traer a aprobación dos presupostos antes de conocer as previsións definitivas do goberno central para o ano 2020. Si antes non era axeitado, agora entendemos que tampouco o é, o único que cambia e que este ano hai eleccións xerais, e o Alcalde pretende facer campaña política a costa de todolos silledenses sen importarlle o máis mínimo que eso sexa o mellor para os seus veciños. Para nos e unha actitude absolutamente lamentable e que deixa as claras cales son os únicos intereses do Alcalde ademáis de aumentarse o soldo.”