Ramallo e Guerra recordan os seus tempos en Novas Xeracións e animan aos mozos a ilusionarse coa política

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ramallo e Guerra recordan os seus tempos en Novas Xeracións e animan aos mozos a ilusionarse coa política

    • Os cabezas de lista ao Congreso e ao Senado participan nunha xornada sobre formación en redes sociais organizadas polos máis novos do partido
    • María Ramallo: “É moi necesario chegar á xente moza. As políticas deportivas e saudables, ademais das redes, son maneiras fundamentais de conectar con eles”
    • Javier Guerra: “Os mozos teñen un papel fundamental á hora de trasladar a nosa mensaxe de seriedade e rigor, que nos diferencia doutras formacións”

     

    26, outubro 2019.-  Os cabezas de lista ao Congreso e ao Senado pola provincia de Pontevedra, María Ramallo e Javier Guerra, recordaron hoxe os seus tempos en Novas Xeracións e animaron aos mozos a ilusionarse coa política. Fixérono durante a xornada de traballo 'Actualízate en Redes Sociais', organizada por Novas Xeracións da provincia de Pontevedra. Xunto a eles estiveron a presidenta das xuventudes da provincia, a número 7 da lista ao Congreso, Ana Cristina Pérez; e os candidatos ao Senado, Pilar Rojo e Santiago Rodríguez Davila.

    Antes da xornada, impartida polo presidente local de Novas Xeracións, Guille Juncal, e traballadores de comunicación da sede provincial, Ramallo e Guerra dirixíronse aos 30 rapaces que se achegaron á cita. “Cando nos falaron deste acto, non dubidamos en estar aquí con vós”, coincidiron ambos.

    Ramallo valorou moi positivamente a celebración da xornada e incidiu na necesidade de que o Partido Popular chegue a todos os tramos de idade da sociedade. Para elo, puxo como exemplo o traballo desenvolvido en Marín, que permitiu que o PP teña 15 de 21 concelleiros. “Non se pode ter ese resultado sen conectar coa xente moza. As políticas deportivas e saudables, ademais das redes sociais, son boas formas de facelo”, afirmou.

    Guerra tirou de memoria para recordar os tempos en que Novas Xeracións non tiña medios (“nin sequera tiñamos acceso libre a un teléfono fixo”), pero dixo que esas estreiteces se suplían con moita ilusión. “Tedes un papel fundamental”, díxolles aos asistentes. “Sodes os encargados de transmitir á xente da vosa idade que somos o partido da seriedade e do rigor, algo que nos diferencia doutras formacións”.

Add comment


Security code
Refresh