Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que o Pazo Besada está cada vez máis abandoado por os 3 Alcaldes

    • O concelleiro do PP de Poio, Sergio Pereira denunciou este venres que os 3 Alcaldes seguen tendo abandoado un lugar único e privilexiado como é o Pazo Besada.
    • O proxecto que presentaban antes das eleccións municipais vimos de comprobar cómo se está a executar: na deixadez mais absoluta. E iso que un membro do goberno visita as inmediacións do Pazo todos os días.
    • O Popular indicou que unha xoia arquitectónica e paisaxística do noso Concello está deixada ata a posibilidade de correr riscos físicos, adultos e nenos como xa denunciamos hai tempo, en Comisión de urbanismo, sen que nada fixeran os 3 Alcaldes ó respecto.

     

    Poio, 25 de outubro 2019. O concelleiro do PP de Poio para a parroquia de San Salvador, Sergio Pereira denunciou este venres que o Concello segue tendo abandonado un lugar único e privilexiado como é o Pazo Besada e continua a ser o mellor exemplo do abandono de San Salvador por parte dos 3 Alcaldes. «O Pazo está mais abandoado que nunca, ata o punto de ter zonas de risco para adultos e nenos, e de seguir así pode chegar a existir problemas de saúde pública por a existencia de plagas».

    Segundo Pereira, que a miúdo visita o Pazo, a situación vai a pior: Non podemos comprender cómo non se atenden as nosas solicitudes para evitar posibles accidentes, non hai máis que falar co a veciñanza que alertan de que as inmediacións do Pazo están convertidas nun barrizal, onde se producen caídas continuas, pola falta de mantemento e unhas obras que quedaron paralizadas. En definitiva son «un reflexo do abandono da parroquia máis poboada do noso Concello»- concluíu o popular.

    Unha deixadez que é reflexo do que está a suceder dentro da Casa Consistorial, onde os concelleiros e concelleiras membros do goberno non asisten ós plenos, as comisións informativas ou aos consellos municipais. O grupo maioritario da corporación, o PP de Poio manifesta continuamente en sede municipal, a falta de respecto e compromiso dun goberno que non asume as súas funcións coa responsabilidade que merece.

    Sergio Pereira ironizou que dende o ano 2011 que proxectaban usos públicos a este inmoble que se está a deteriorar día tras día; repetindo promesas mandato tras mandato e que ata hoxe nada se fixo.

    E aínda resulta máis lamentable que non se atendan as peticións do grupo municipal popular en relación as zonas que hai que atender porque presentar problemas de seguridade. A estas zonas agora temos que engadir as múltiples caídas que se están a producir con motivo do barrizal no que se ten convertido o Pazo de Besada. E a necesidade de realizar un control exhaustivo de plagas para evitar atoparnos cun problema que atente contra a saúde pública.

    «Queremos trasladar o estado no que se atopa o Pazo Besada, rematado orixinariamente en 1913 e “reinaugurado” cun pincho polo concello de Poio en 2011, é un dos elementos máis desaproveitados de todo Poio e agora convertido nun barrizal, con zonas de risco para maiores e nenos.

    É inadmisible este abandono, é inadmisible que os 3 Alcaldes abandoen así a parroquia máis poboada de Poio», concluíu o concelleiro do PP de Poio para a parroquia de San Salvador, Sergio Pereira.