Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP propón o voto telemático dos deputados con permisos de maternidade ou paternidade

    • Pepa Pardo defende que a norma se adapte aos novos tempos e realidade social, para non discriminar a unha muller ou home que quere decide ser nai ou pai e quere que o seu voto tamén conte.

     

    20, outubro, 2019.- O grupo provincial do Partido Popular proporá no próximo pleno da Deputación de Pontevedra a implantación do voto telemático para os deputados con permisos por maternidade ou paternidade, nalgúns supostos de embarazo ou en caso de grave enfermidade. A voceira popular, Pepa Pardo, defende que esta iniciativa pretende garantir a igualdade e a conciliación, “que deben estar sempre presentes no exercicio das función de representación e participación política. É preciso adaptar a norma aos novos tempos e á realidade social”.

    Así, desde o grupo provincial avogan porque “a conciliación se converta nunha realidade e non nunha declaración de intencións, e por iso calquera paso en aras da conciliación e da igualdade real que se dea, por pequeno que sexa, é un gran logro”. Nesta liña, incide Pardo, “as administracións públicas deben dar exemplo á cidadanía e non discriminar a ningunha muller ou home que deciden ser nais ou pais e queren que o seu voto conte igual”.

    Para a implantación do voto telemático, explican, é preciso modificar o Regulamento Orgánico da Deputación, nos artigos referidos ao funcionamento do pleno e o voto, a fin de poder adaptalo e que contemple esta posibilidade para que os deputados, nos supostos sinaladas, poidan emitir o voto telemático nas sesións do pleno.

    No que respecta a como se levará a cabo, os populares piden que sexa consensuado por todos os grupos políticos. A proposta que fan desde o PP é que a solicitude se curse por escrito dirixido ao secretario do pleno, no que se exprese a clara identidade da persoa solicitante, causa da non asistencia e período durante o que non poderá asistir ás sesións plenarias.