Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os orzamentos da Xunta, que reservan máis de 20 millóns de euros para esta comarca, demostran o seu compromiso co Salnés

    • As previsións para o vindeiro exercicio 2020 confirman a aposta do Goberno autonómico polos investimentos e polo gasto social.
    • Marta Rodríguez Arias sinala que si no que vai de 2019 xa se superou en 4 millóns de euros as previsións que había ao principio, o mesmo ocorrerá en 2020, que estiman un investimento de máis de 20 millóns de euros que se vai superar.

     

    Vilagarcía de Arousa, 19 de outubro de 2019.- Tras coñecer os orzamentos da Xunta para o ano 2020, o Partido Popular destaca o peso que ten o Salnés na acción do goberno galego, que destinan máis de 20 millóns de euros para os concellos desta comarca e nos que se priorizan maiores investimentos e máis gasto social.

    Así o explica a deputada autonómica Marta Rodríguez Arias, que sinala que ano tras ano o Goberno autonómico continúa cumprindo cos veciños desta comarca. Cos datos na man, recorda que a Xunta de Galicia leva investidos no que vai de ano máis de 24 millóns de euros este ano no Salnés, o que supón 4 millóns de euros máis en relación á previsión nos orzamentos de 2019.  

    Nese balance dos orzamentos de 2019, Rodríguez Arias, salienta os 2,9M€ para o Plan de Sendas nos concellos de Ribadumia, Cambados, Vilanova e Vilagarcía; os 3,9M€ en programas de formación para desempregados e emprego (7 obradoiros de emprego e 33 cursos de formación); os 3,5M€ para os portos de Vilaxoán, Portonovo, A Illa, Carril,, Cambados, O Grove e Sanxenxo; 7M€ para Educación, nos que se inclúen a construción do novo CEIP de Vilalonga, a rehabilitación enerxética do IES Ramón Cabanilllas e melloras noutros centros de ensino na Illa, Carril, Vilanova ou Vilagarcía; ou 2M€ para o servizo de axuda no fogar no Salnés, entre outros.

    Ademais, os concellos do Salnés recibiron nos últimos 4 anos preto de 16 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local para obras e servizos de competencia municipal. No que se respecta ao Plan de saneamento local, a Xunta leva investidos máis de 56 millóns de euros en distintas obras para mellorar a ría de Arousa: execución de infraestruturas de saneamento e depuración en Ribadumia, O Grove, Boiro, Cambados ou Ribeira, que ten permitido avanzar no cumprimento da normativa comunitaria e no saneamento integral da ría de Arousa.

    As previsións para o vindeiro exercicio 2020 confirman a aposta do Goberno autonómico polos investimentos e polo gasto social na comarca. Algúns dos proxectos máis significativos son 2,3M€ para política social, aos que hai que engadir as novas  medidas pioneiras no ámbito familiar como a gratuidade das escolas infantís a partir do segundo fillo ou a ampliación da Tarxeta Benvida, das que tamén se beneficiarán as familias da comarca; 6,5M€ para Educación, nos que se inclúen a construción do CEIP Vilalonga e o equipamento e rehabilitación doutros centros de ensino da comarca; obras no centro de saúde de Vilagarcía e unha ambulancia medicalizada para O Salnés; 1M€ para mellorar o saneamento e depuración nos concellos da comarca; 3,5 M€ para programas de formación para persoas desempregadas no curso 2019-2020; ou 858.384 euros para o desenvolvemento da agricultura e silvicultura, entre outros.

    Con todo, Marta Rodríguez incide en que estas son unhas previsións iniciais, e ao igual que ocorreu os últimos exercicios, aínda hai marxe para que estes investimentos aumenten. Si no que vai de 2019 xa se superou en 4 millóns de euros as previsións que había ao principio, o mesmo ocorrerá en 2020, que estiman un investimento de máis de 20 millóns de euros que se vai superar.

    A maiores, Rodríguez Arias valorou a rebaixa dos impostos de transmisións patrimoniais para a compra de vivenda no rural, a exención das tributacións de todas as herdanzas de ata 1 millón de euros por herdeiro, facilitar a sucesión das empresas familiares e a “dedución verde” no IRPF que bonificará as actuacións en vivendas para mellorar a eficiencia enerxética. “Iniciativas moi importantes que tamén axudarán e mellorarán a calidade de vida dos veciños e veciñas desta comarca”, salienta.

    Pola súa parte, o presidente local e voceiro do PP de Vilagarcía, Alfonso Gallego, valorou “moi positivamente” os orzamentos, que “deixan claro o compromiso da Xunta con Vilagarcía. Marcan un proxecto e unhas prioridades moi claras en aspectos tan importantes como o aumento do gasto social e os investimentos. O Partido Popular é sempre garantía de xestión”.