Veciños de Campelo denuncian a existencia de falsos sinais de “prohibido aparcar” ante a pasividade do Concello

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Veciños de Campelo denuncian a existencia de falsos sinais de “prohibido aparcar” ante a pasividade do Concello

    • O PP traslada aos 3 alcaldes as preguntas dos residentes sobre a colocación de carteis con apariencia de sinais de tráfico, a instalación dun pivote e outras actuacións realizadas na vía pública para simular restriccións de aparcamento na rúa Beiramar.
    • Os membros do goberno declinaron contestar na Comisión de Urbanismo pese a que os veciños din ter presentado escritos e solicitado en persoa aclaracións ao alcalde e outros responsables municipais sen obter resposta, polo que «o Concello é perfectamente coñecedor da situación».

     

    16 de Outubro de 2019. O Partido Popular trasladou esta mañá as preguntas dos veciños sobre a colocación duns carteis na fachada dun edificio na rúa Beiramar que simulan ser sinais de tráfico, así como un pivote instalado na vía pública para restrinxir o aparcamento de vehículos fronte a dito edificio.

    A concelleira Rocío Cochón visitou a zona con veciños e comprobou que dous carteis, un coa lenda “Prohibido aparcar” e outro “Prohibido aparcar a vehículos non autorizados”, non son sinais de tráfico oficiais, e certificou a existencia dun pivote na vía pública e unha “ampliación” da beirarrúa consistente nun formigonado, todos estes elementos coa intención de simular que o estacionamento nesta zona está restrinxido, cando en principio non existe ningunha restricción oficial.

    Os veciños explicaron que, pese a evidente falsidade dos sinais, a xente vese disuadida de aparcar ante posibles consecuencias, polo que pediron explicacións por escrito e persoalmente a membros do goberno, sen ter recibido resposta.

    Por ese motivo os populares fixeron varias preguntas en relación a este asunto durante a Comisión Municipal de Urbanismo do martes, como cal é o estado das solicitudes de información presentadas polos veciños, cal é a verdadeira situación normativa do aparcamento nese lugar e, se non existen ningunha restricción, que pensan facer con respecto das sinais e os elementos colocados de forma simulada.

    Ademais, os populares preguntaron pola obra de “ampliación” da acera e a colocación dun pivote fixo na vía pública, e solicitaron saber quen concedeu a licencia para esa actuación.

    Cochón explicou que tanto o presidente da comisión e concelleiro delegado de urbanismo, o socialista Gregorio Agís, como o resto de membros do goberno presentes declinaron responder durante a comisión, pese a que deberían ser «perfectamente coñecedores da situación», e anunciaron que contestarían máis adiante por escrito.

    A popular solicitou unha resposta oficial o antes posible, tanto aos veciños directamente como ás distintas preguntas realizadas polos populares, e lamentou que os 3 alcaldes continúen as mesmas tácticas dilatorias e de opacidade que nos últimos 25 anos «sen dar respostas nin aos veciños nin á oposición».

Add comment


Security code
Refresh