Unha inspección laboral destapa a existencia de traballadores sen dar de alta no Concello de Poio

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Unha inspección laboral destapa a existencia de traballadores sen dar de alta no Concello de Poio

    • A dirección provincial da Seguridade Social obriga a dar de alta de oficio, como mínimo, a unha traballadora que prestaba servizos no concello en situación irregular, contratada mediante un programa de prácticas da Deputación.
    • A concelleira do PP Maritxe González explicou que a irregularidade saiu á luz despois dunha inspección realizada no concello o 26 de marzo e considerou «moi preocupante» que o concello non respecte os dereitos dos traballadores e teña xente en situación irregular.
    • O PP solicitou acceso ao expediente hai 3 semanas e aínda non se lle facilitou a información sobre posibles sancións, responsabilidades e consecuencias xurídicas, pero xa advirte que chegará ata o final do asunto.

     

    2 de outubro de 2019. A concelleira do PP de Poio, María José “Maritxe” González, desvelou este mércores que durante unha inspección laboral realizada no Concello de Poio o pasado marzo a Dirección Provincial da Seguridade Social atopou, alomenos, unha traballadora en situación irregular.

    A raíz deste descubrimento, a dirección provincial abriu un expediente e deu de alta de oficio a esta traballadora, que se atopaba prestando servizos dentro do concello sen estar dada de alta na Seguridade Social, e que estaba “contratada” mediante un programa de prácticas da Deputación de Pontevedra.

    Para o PP, que coñeceu o sucedido ao examinar a acta da Xunta de Goberno Local do pasado 3 de setembro, onde o goberno de BNG, PSOE e Avante Poio abordou este asunto, resulta «moi preocupante» descubrir que unha institución como o Concello de Poio non respecte a normativa laboral e os dereitos dos traballadores, chegando ao extremo de ter empregados en situación irregular: «É un feito que a Seguridade Social obrigou a dar de alta a, como mínimo, unha persoa que non figuraba como traballadora no concello, e a primeira vista, parece un feito moi grave».

    González explicou que o Partido Popular presentou un escrito solicitando acceso ao expediente completo a principios de setembro, pero o goberno municipal aínda non lle facilitou ningunha información: «Queremos saber xa que pasou para que unha persoa estivese traballando no concello sen estar dada de alta, e ter información sobre posibles sancións, responsa-bilidades e consecuencias xurídicas deste feito tan grave. Non podemos consentir que os 3 alcaldes vulneren os dereitos dos traballadores desde dentro do propio concello», indicou a popular, que advertiu que antes ou despois desde o PP «chegaremos ata o final deste asunto».

Add comment


Security code
Refresh