O PP impulsa a construción da senda entre A Seca e Combarro, un «balcón á ría» que demostra o compromiso coa veciñanza de Poio e coa mobilidade

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP impulsa a construción da senda entre A Seca e Combarro, un «balcón á ría» que demostra o compromiso coa veciñanza de Poio e coa mobilidade

    • Ana Pastor, en nome do grupo parlamentario do PP no Congreso, presentou en xullo unha Proposición Non de Lei instando ao goberno a relizar o 2º tramo desta senda, que continúa a construída entre Campelo e A Seca por un goberno do PP a iniciativa da propia Pastor.
    • Este venres, Ana Pastor e o deputado Diego Gago, xunto ao presidente local Ángel Moldes e membros do PP de Poio visitaron Combarro e parte do percorrido desta senda, de preto de 1 km., que mellorará a calidade de vida dos veciños e a mobilidade e a economía da parroquia.
    • Moldes agradeceu o traballo dos deputados do PP e indicou que Ana Pastor «é unha garantía» como demostrou impulsando a 1ª fase da senda, e subliña que o programa do PP de Poio, que incluía este proxecto, foi o máis votado pola veciñanza de Combarro e de todo Poio: «Ese é o noso mellor aval para seguir traballando por mellorar a vida dos veciños e as veciñas».
    • Ana Pastor recordou que «os deputados do PP non estamos en funcións e seguimos cumprindo a nosas obrigas e traballando polos asuntos que realmente importan aos veciños de Poio e de toda a provincia».

     

    Poio, 06 de setembro de 2019. Os deputados do PP pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, e Diego Gago, visitaron este venres Combarro xunto ao presidente do PP de Poio, Ángel Moldes, e compoñentes do grupo municipal popular, para dar a coñecer os detalles da Proposición Non de Lei presentada por Pastor o 19 de xullo na Cámara Baixa para a construción dunha senda entre a zona recreativa da Seca e o casco histórico de Combarro.

    Os deputados do PP econtráronse con Moldes e o seu equipo na praza de Chousa, desde onde percorreron as rúas do núcleo de Combarro, conversando con veciños e visitantes, ata chegar á praza do peirao vello, lugar no que rematará a senda proposta, e onde explicaron os detalles da iniciativa aos medios presentes.

    Moldes agradeceu a presenza de Pastor e Gago e o seu traballo pola provincia, e recordou que Ana Pastor «é unha garantía», xa que ela foi a impulsora da primeira fase desta senda entre Campelo e A Seca, cunha lonxitude de 1,5 km e un investimento de 400.000 euros «deseñado, financiado e executado por un goberno do PP», e resaltou que a construción desta 2ª fase suporía unha gran oportunidade para todos os veciños, pero en especial para os de Combarro, que contarán «cun itinerario sostible, seguro e saudable que mellorará a súa calidade de vida, o medioambiente e a actividade económica».

    Moldes subliñou que a senda impulsada polo PP é un auténtico «balcón á ría» para veciños e visitantes, que conectará A Seca e Combarro ao longo dun entorno único bordeando o mar, e que servirá ademais como alternativa á PO-308, e recalcou que os veciños e veciñas de Poio, e especialmente os de Combarro «merecen esta infraestrutura», que abrirá moitas posibilidades e demostra, xunto co primeiro tramo realizado polo goberno do PP e resto de iniciativas impulsadas polo PP nas distintas administracións, como as sendas da PO-308 realizadas pola Xunta de Galicia, o compromiso do Partido Popular, o único que traballa de verdade pola mobilidade dos veciños de Poio.

    Moldes agradeceu a iniciativa dos deputados populares e pediu ao resto de forzas políticas que apoien a propostas para empezar canto antes, xa que «aínda quedarían moitos trámites, negociar terreo, xestionar permisos, e cando antes se empece a facer, antes comezarán a desfrutala os veciños».

    Moldes quixo agradecer a confianza dos veciños de Combarro no PP, xa que nas últimas eleccións municipais os populares obtiveron o 45% dos votos, 20 puntos máis que a 2ª forza, o BNG, polo que o programa votado maioritariamente polos combarreses, como pola veciñanza de todo Poio, foi o do Partido Popular, e este paseo era unha das súas principais propostas: «Ese é o noso mellor aval para seguir traballando por mellorar a vida dos veciños e as veciñas».

    Moldes indicou que os veciños de Poio e de Combarro votaron polo programa do Partido Popular, aínda que finalmente BNG, PSOE e Avante Poio acabasen formando o «goberno dos 3 alcaldes», pero subliñou  «desde a oposición, como grupo maioritario, queremos levar a cabo unha labor construtiva, de propostas e proxectos e loitaremos por levar a cabo o programa que votaron moi maioritariamente os veciños de Combarro».

    Por último, Ana Pastor transmitiu á veciñanza de Poio e de toda a provincia que «os deputados do PP non estamos en funcións e seguimos traballando polos asuntos que realmente importan aos veciños».

    Pastor explicou que entre 2016 e 2017 o goberno do PP deseñou, financiou e executou a primeira parte desta senda, que transcorre entre Campelo e A Seca, de preto de 1,5 km, e pediu que o resto dos grupos apoien esta iniciativa que xunto con outras actuacións impulsadas por administracións do PP, permitirá a veciños, visitantes e peregrinos percorrer máis de 5 km a pé por itinerarios seguros e saudables e que será moi beneficiosa para un sector tan importante como o turístico, a economía e o medioambiente de Poio e a calidade vida da veciñanza.

Add comment


Security code
Refresh