Deputados do PP apoian as reivindicacións de mestres e alumnos da Escola de Canteiros para conseguir un grao específico de FP

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Deputados do PP apoian as reivindicacións de mestres e alumnos da Escola de Canteiros para conseguir un grao específico de FP

    • Reuníronse con representantes da Asociación de Canteiros de Poio.
    • “A Escola de Canteiros é un buque insignia da Deputación, un centro único en Galicia que conta con grande prestixio e recoñecemento a nivel nacional e internacional, e polo tanto é fundamental que tamén se plasme este recoñecemento a través dunha titulación específica”, defende Cubela.

     

    01, agosto, 2019.- O grupo provincial do Partido Popular amosa o seu apoio ás reivindicacións dos Mestres e alumnos da Escola de Canteiros de Poio para conseguir un grao específico de FP que se adapte e represente a ensinanza que actualmente se está impartindo no centro. Así o trasladaron os deputados provinciais, Jorge Cubela, Pepa Pardo e Carmen Amoedo nunha reunión que mantiveron con representantes da Asociación de Canteiros de Poio.

    Cubela resalta que “a Escola de Canteiros é un buque insignia da Deputación, un centro único en Galicia que conta con grande prestixio e recoñecemento a nivel nacional e internacional, e polo tanto é fundamental que tamén se plasme este recoñecemento a través dunha titulación específica”.

    Por iso, recorda Cubela, o Partido Popular xa presentou no Congreso unha proposición non de lei para instar ao Goberno a crear unha titulación de formación profesional que se axuste ás ensinanzas de cantería e mestre de cantería, dirixida á producción e restauración artística, así como a súa contribución e aplicación á arquitectura. “Non é casualidade que a primeira proposta de Ana Pastor este mandato fose esta. Reflicte non só o apoio do Partido Popular a esta demanda, senón tamén a importancia desta escola para a provincia”.

    Ademais, o voceiro do PP explica que “non se trata de facer disto unha polémica política, senón de buscar solucións para garantir a mellor saída para o alumnado e para a escola, e pasa necesariamente porque o Goberno modifique o Catálogo Nacional de Cualificacións profesionais”.

    Por este motivo, adiantan que o PP estudará outras iniciativas para buscar apoios para conseguir esta reclamación do alumnado e do profesorado do centro.

Add comment


Security code
Refresh