UNHA SENTENZA ACREDITA QUE O CONCELLO DO PORRIÑO, COMO REGLA XERAL, OMITE O PROCEDEMENTO LEGAL DE CONTRATACIÓN

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • UNHA SENTENZA ACREDITA QUE O CONCELLO DO PORRIÑO, COMO REGLA XERAL, OMITE O PROCEDEMENTO LEGAL DE CONTRATACIÓN

    • Ante os numerosos procesos similares tramitados nos xulgados do Contencioso Administrativo, os populares piden que se investigue a posible connivencia entre Concello e determinadas empresas para eludir a normativa de contratación pública, coa idea de remunerar o servizo prestado mediante recoñecemento extraxudicial.

     

    O Porriño, 29 de xullo de 2019.- "O Concello do Porriño como regla xeral está encargando os seus servizos e obras verbalmente, sen contrato, con omisión total e absoluta do procedemento establecido e dos principios máis básicos da contratación administrativa". Así o recolle unha sentenza do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ante os "numerosos procesos moi similares" de reclamación de impagos ao Concello do Porriño tramitados nos xulgados.

    Varios autos xudiciais reflicten agora o que os populares viñan denunciando nos últimos anos, que o Concello do Porriño está a levar cabo, na maioría dos casos unha contratación verbal sen seguir os procedementos legalmente establecidos usando como primeira vía de pago os Contenciosos Administrativos.

    "O proceder sempre é o mesmo, unha empresa presenta unha factura e posterior reclamación por impago ante o rexistro municipal, o Concello non contesta e rexeita as facturas ainda que acepta a prestación malia que non existe contrato algún que lle de cobertura, e acode á vía xudicial a reclamar o pago", explica Alejandro Lorenzo, "Por iso, e en base ás sentenzas xudiciais que así o recollen, solicitamos que se leve a cabo unha investigación sobre os feitos, tanto por parte do Concello como por parte das empresas, para determinar se actuaron en connivencia coa finalidade de esquivar e obviar os procedementos de contratación".

    Un proceder ao que se refire o maxistrado do contencioso advertindo nun dos seus autos que "a práctica irregular de determinados contratistas e proveedores, en connivencia coas autoridades públicas de realizar prestacións para a Administración sen formalizar previamente un contrato en legal forma ten como vantaxe paraditos contratistas o eludir determinados requisitos formais da normativa de contratación pública que os podería perxudicar" e advirte que esta práctica de contratar directa e verbalmente sen procedemento algún, nin reserva e fiscalización de crédito  "coa idea de que logo se remunere o servizo prestado mediante un recoñecemento extraxudicial de créditos podería acarrearlles medidas disciplinarias" e incluso "a imputación dun delito de prevaricación ou de malversación de fondos públicos".

    "Cabe destacar que parte importante desta facturación que se reclama vía contencioso está a ser obxecto de investigación nun procedemento penal", apunta Lorenzo, "Falamos de empresas que facturan sen ter o obxecto social para o que están realizando servizos, de facturación a través de diferentes empresas que teñen o mesmo administrador/socio ou  facturas polos mesmos servizos de maneira continuada a través dun mesmo grupo familiar, algo que pode deixar entrever tamén unha mala fe por parte do empresario".

    Recentes sentenzas do Contencioso Administrativo recollen tamén que "non se acredita debidamente que os servizos cuxo pago se reclama se prestaran dacordo coas esixencias da autoridade municipal", pois as facturas ou constan expresamente rexeitadas ou non foron debidamente conformadas sinalando incluso  que o letrado do concello "puxo en duda, debilmente, que demostrara tal prestación".

    Neste contexto, o Goberno Municipal do Porriño presenta a pleno unha modificación orzamentaria por importe de 473.592,47 euros en facturas pendentes a dez empresas que acudiron á vía do contencioso, facturas irregulares e que na súa maioría foron rexeitadas polas autoridades municipais.

    Respectando a obriga de dar cumprimento ás sentenzas xudiciais firmes ditadas polos diferentes contenciosos administrativos, os populares solicitan, a través dun voto particular, que se comproben todas aquelas sentenzas que poidan ser recorridas, xa que existen sentenzas contra as que cabe recurso en aras de defender os bens e dereitos do Concello.

    Asemade, piden que se solicite a suspensión cautelar dos diferentes xuízos dos contenciosos, pendentes ou en curso, ata que se resolva a causa penal na que se integra esta facturación.

Add comment


Security code
Refresh