O PP de Silleda solicitará no pleno a mellora dos desbroces nas parroquias

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda solicitará no pleno a mellora dos desbroces nas parroquias

     

    Silleda, 23 de xullo de 2019.- O Partido Popular de Silleda levará o pleno deste mércores unha moción solicitando a mellora dos desbroces nas parroquias do Concello de Silleda.

    O estado no que se atopan os viais do noso Concello, supoñen un gravísimos atranco para tódolos veciños que viven no rural do noso Concello, ademáis dun problema de seguridade e un risco a hora de circular por estes viais, por eso dende o grupo municipal do Partido Popular se solicitará o goberno municipal que se mude a xestión dos desbroces do noso Concello.

    Para Ignacio Maril, voceiro do Partido Popular, o levar unha axeitada xestión dos desbroces no Concello e unha das prioridades que debería ter calquer goberno, xa que e algo que lle afecta directamente no día a día a maior parte dos nosos veciños. “Dende fai tempo lle vimos soilicitando o grupo socialista que mude a xestión dos desbroces no noso Concello, sen que ata o de agora tomara ningunha decisión neste sentido. Non e razoable que os desbroces se organicen seguindo o calendario das festas nas parroquias, xa que as necesidades dos veciños non dependen de cando se celebre a festa, e ademáis levanos a que os recursos dos que dispoñemos no Concello non se usen da maneira máis eficiente posible.”

    Dende o Partido Popular suliñaron que nos últimos anos o Concello multiplicou os medios disponibles para afrontar os traballos gracias as achegas de outras administracións como a Xunta de Galicia, e mediante a contratación de persoal externo o Concello, se ven este aumento dos medios non se esta a reflectir nun mellor servicio os veciños.

    Según valorou o voceiro do Partido Popular, “Estamos vendo como hai parroquias que ante o abandono do Concello están decidindo organizarse eles mesmos para realizar as tarefas de desbroce, xa que o Concello nin sequera acude a facer os desbroces polas festas, e cando van limpan as zonas máis próximas o campo da festa, e o resto queda sen desbrozar. Non é de recibo que cos medios que hai no noso Concello este sucedendo esto, sobre todo porque ademáis estanse producindo situación de risco, o que xa provocou que se producise algún accidente e algunha saída de vía, xa que as pistas cada vez van quedando máis estreitas. Por todo elo solicitámoslle o goberno municipal que de maneira urxente de un xiro na súa xestión, e lle de unha solución inmediata os problemas reais dos veciños e se deixe de grandes obras que non veñen a mellorar en nada a vida da maioría dos veciños do noso Concello.”

Add comment


Security code
Refresh