O PP reclama da Deputación un trato igualitario para os concellos, medidas contra a despoboación do rural e que abandonen a confrontación coa Xunta

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP reclama da Deputación un trato igualitario para os concellos, medidas contra a despoboación do rural e que abandonen a confrontación coa Xunta

    • Jorge Cubela pide bases claras na convocatoria de subvencións e que se eliminen os repartos que castigan a concellos gobernados polo PP.
    • “Desde os acordos conséguese avanzar, buscando inimigos exteriores só se consegue ralentizar, desviar a atención e buscar máis problemas que solucións para os concellos pequenos”.
    • “Se en todas as administracións están impulsando medidas para paliar o problema da despoboación, a Deputación de Pontevedra non pode estar desaparecida”, engade.

     

    22, xullo, 2019.- O grupo provincial do Partido Popular estableceu esta mañá a que será a súa axenda de traballo para os próximos catro anos, con tres liñas principais de traballo que se centrarán en reclamar da Deputación de Pontevedra un trato igualitario para todos os concellos da provincia, un plan específico con medidas para loitar contra a despoboación no rural e que o Bipartito abandone a estratexia de confrontación coa Xunta de Galicia.

    Así o sinalou o voceiro do grupo, Jorge Cubela, que estivo acompañado pola tamén voceira, Pepa Pardo, e a deputada Paz Lago. “Evidentemente, xurdirán temas novos, temas concretos que van requirir o noso posicionamento, pero estes temas van ser eixos nos que imos traballar moi duro ao longo destes meses”.

    Para os populares, “o máis importante é o trato igualitario para todos os concellos”. Isto significa, explicou, ter unhas bases claras e concretas, cun carácter técnico para que todos os concellos da provincia teñan garantizado o acceso ás súas solicitudes e sobre todo para garantir que os concellos que concorran a estas subvencións teñan un trato igualitario na súa concesión. Recordou tamén que o mandato pasado houbo plans de reparto a dedo, a través dos que 7 de cada 10 concellos que recibiron axudas foron para gobernos do PSOE ou BNG, mentres que 12 dos 13 concellos aos que se lle denegaron estes fondos eran do PP. “A victoria xudicial do Concello de Sanxenxo a semana pasada deixa claro que houbo concellos gobernados polo PP que presentaron en tempo e forma a solicitude a diferentes plans que a Deputación aprobou por concorrencia competitiva. Non o di o PP, nin o alcalde, o di un tribunal”, engadiu e recoñeceu que “seguimos esperando polas explicacións de Carmela Silva para saber por que se arrinconou ao Concello de Sanxenxo, que presentou un proxecto tecnicamente viable en tempo e forma”.

    Cubela tamén se referiu ao pleno de investidura, no que o PP “puxo sobre a mesa un pacto de lealtade mutua” e, por iso, plantexan que o primeiro que queren os alcaldes e alcaldesas é que “esta dinámica non se repita”. Dese día, tamén tomou nota do discurso de Carmela Silva, que dixo que quería ter unha relación cordial e de proximidade coa Xunta. “Desde os acordos conséguese avanzar, buscando inimigos exteriores só se consegue ralentizar, desviar a atención e buscar máis problemas que solucións para os concellos pequenos”. Por iso, outro dos asuntos da axenda dos populares será pedir á Deputación que cese a estratexia de confrontación coa Xunta de Galicia. “Sabemos o que gañan Carmela Silva e o PSOE no seu enfrontamento permanente, pero tamén que os concellos pequenos non gañan nada con esta situación”.

    Por último, o PP pide ao Bipartito que a Deputación “dea un paso ao fronte e sexa un socio preferente para os concellos pequenos para dar solución ao principal problema que teñen, que é o despoboamento do rural”. Neste sentido, sinalou que “si en todas as administracións están impulsando medidas para paliar este problema, a Deputación de Pontevedra non pode estar desaparecida. E desde o PP faremos un traballo proactivo e positivo para que así sexa”.

Add comment


Security code
Refresh