Para o PP de Poio, «debería darlle vergoña a Luciano Sobral que teña que vir o alcalde de Sanxenxo a solucionar os problemas de Poio despois de 25 anos»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Para o PP de Poio, «debería darlle vergoña a Luciano Sobral que teña que vir o alcalde de Sanxenxo a solucionar os problemas de Poio despois de 25 anos»

    • O PP espera que saia adiante a ampliación da Edar de Paxariñas que solucionaría a falta de depuración de Poio en Sanxenxo, pero recorda que foi o goberno de Mariano Rajoy o que declarou o proxecto de Interese Xeral e tivo que vir un alcalde do PP, Telmo Martín, a dar solución ante a incapacidade dos goberno de Poio durante máis de 2 décadas.
    • Recordan que os fondos europeos sempre estiveron a disposición pero foron Sobral e Besada os que nunca quixeron chegar a un acordo para facer a depuradora: «Nunca foi un problema de cartos, senón de falta de vontade do BNG e o PSOE a dar unha ubicación».

     

    10 de xullo de 2019: O Partido Popular afirmou hoxe que espera que a ampliación proposta da EDAR de Paxariñas, en Sanxenxo, por parte de ACUAEs solucione por fin «o maior problema de Poio durante 25 anos, a falta de depuración en Samieira e Raxó».

    O PP recordou que a causa da incapacidade de resolver este problema por parte dos sucesivos gobernos de Luciano Sobral, o medioambiente e a economía de Raxó viviron estas dúas décadas baixo unha ameaza permanente, poñendo en risco dous sectores fundamentais para Poio, como o turismo e a economía «e os gobernos de BNG e PSOE non foron capaces de darlle ningunha solución».

    Para o voceiro popular Ángel Moldes, «debería darlle vergoña a Luciano Sobral que tivesen que vir gobernos do Partido Popular a solucionar este problema», lembrando que foi o goberno de Mariano Rajoy o que, en 2018 declarou de “interese xeral” a falta de depuración en Raxó e Samieira, e o que consignou unha partida nos Presupostos Xerais do Estado. Asimesmo, tivo que ser Telmo Martín, un alcalde do Partido Popular, o que finalmente axudase a dar servizo a case 3.000 veciños de Poio, despois de que os gobernos de Poio, en 25 anos, non fosen capaces de dar unha ubicación para unha depuradora en Poio.

    Moldes expresou a súa esperanza de que este proxecto se cumpra na súa totalidade, recordando que o goberno de Madrid é un goberno en funcións, que funciona cos presupostos prorrogados de Mariano Rajoy, recordando que os fondos europeos cos que se vai levar a cabo a actuación xa levaban moitos anos a disposición por parte da Xunta para facer a depuradora e foron Luciano Sobral, Chelo Besada e os seus gobernos os que nunca quixeron chegar a un acordo para facer a deputadora: «Nunca foi un problema de cartos, senón un problema de falta de vontade do BNG e o PSOE a dar unha ubicación».

    «A Luciano Sobral e a Chelo Besada tiña que caerlles a cara de vergonza de non ter sido capaces de sequera ter unha reunión co anterior cuatripartito de Sanxenxo para tratar o tema, e que finalmente tivese que vir Telmo Martín a ofrecerlles unha solución», recalcou Moldes, subliñando que se tivesen vergonza, tiñan que marchar para casa.

    Moldes rematou confirmando que espera que finalmente este proxecto siga o seu curso, xa que «o máis importante para o PP son os veciños de Poio e as solucións aos seus problemas» e resaltou que despois de 25 anos de gobernos de Luciano Sobral segue a haber milleiros de veciños sen auga, sen saneamento, sen infraestruturas e sen servizos, e que «non poden esperar a que veñan outros a solucionalles os problemas».

Add comment


Security code
Refresh