O PP de Poio lamenta “o ridículo” de Gre-gorio Agís e Chelo Besada na visita ás obras da PO-308 «xerando crispación e buscando o protagonismo que non con-seguen polo seu traballo”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio lamenta “o ridículo” de Gre-gorio Agís e Chelo Besada na visita ás obras da PO-308 «xerando crispación e buscando o protagonismo que non con-seguen polo seu traballo”

    •  O voceiro popular Ángel Moldes censura «o espectáculo lamentable» protagonizado polos representantes do PSOE durante a visita de Éthel Vázquez: «Mentres a conselleira e o alcalde apostan polo diálogo, e Sobral di que está satisfeito coas actuacións, o PSOE aposta outra vez polo conflicto e a confrontación»
    • Moldes recorda que non é a primeira vez que os socialistas «buscan o seu minuto de gloria» a costa dos feitos da administración autonómica: «a única que cumpre», mentres «o que depende do concello de Poio está paralizado».
    • «Se non son capaces de asumir as súas responsabilidades e facer o seu traballo, non é culpa dos demais», advirte Moldes, que recorda o anuncio do Tripartito de “mellorar as relacións institucionais coa Xunta”: «Mal empezan».

     

    9 de xullo de 2019: O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, xunto a varios concelleiros populares, acompañou este mediodía á conselleira de Infraestruturas, Éthel Vázquez, o delegado territorial da Xunta, Xosé Manuel Cores Tourís, e outros representantes da administración autonómica, na súa visita ás obras de dotación dun itinerario peonil e ciclista e mellora da seguridade vial entre O Covelo e Raxó, moi avanzadas, e nas que o organismo autonómico está a investir en torno a 5 millóns de euros.

    Despois de escoitar os detalles sobre os traballos, que implican distintas actuacións como a construción de beirarrúas ao longo de 4 kilómetros da estrada autonómica, a construción de rotondas e semirrotondas, mellora da sinalización e moitas outras medidas, Moldes agradeceu o gran investimento feito pola Xunta «para garantir a seguridade e mellorar a vida de peóns, ciclistas, condutores e, sobre todo, dos veciños de Poio», e recoñeceu a implicación da conselleira, e todas as xestións feitas pola institución autonómica «para axilizar ao máximo estas obras» e tamén o tramo proxectado entre San Xoán e Samieira: «Grazas, porque a Xunta cumpre».

    Lamentablemente, algúns dos integrantes do goberno local presentes no acto non souberon gardar un mínimo de respecto institucional e buscaron «o protagonismo que non conseguen polo seu traballo», indicou Moldes, en relación a Chelo Besada e Gregorio Agís, número 1 e 2 do PSOE e responsables de obras e urbanismo do tripartito, que durante a visita intentaron excusar, de moi malos modos, a falta de avances nos traballos que corresponden ao concello.

    O voceiro popular lamentou que Besada e Agís quixesen buscar «o seu minuto de gloria» a costa da administración autonómica, «a única que cumpre», mentres «o que depende do concello de Poio está paralizado», como o vial de Rabo de Porco, os retranqueos para conseguir prazas de aparcamento, ou as facturas impagadas pola reposición de tubarías: «Se non son capaces de asumir as responsabilidades que lles corresponden ou facer o seu traballo, non é culpa dos demais».

    Moldes indicou que o PSOE tamén tivo este comportamento lamentable na anterior visita da conselleira ás obras da PO308 polo que «chove sobre mollado» e subliñou que o reproche non pode extenderse a todos os membros do Tipartito, xa que o resto dos socios presentes «mantiveron as formas» e Luciano Sobral apelou o diálogo e recoñeceu que tanto el como a veciñanza estaban satisfeitos coas actuacións levadas a cabo pola Xunta, e as cualificou de «moi necesarias», mentres Besada e Agís, responsables da parálise da parte que compete ao concello facían «o rídículo».

    «Se existe algunha dúbida, para iso están os técnicos», advertiu Moldes, que apuntou ás declaracións de Sobral e Vázquez durante a visita, de que se coordinarían ás dúas administracións para buscarían solucións técnicas en relación ás cotas e outros aspectos técnicos, e recalcou que «cando hai disposición política polas dúas partes, sobran os espectáculos lamentables como o que deron hoxe os responsables do PSOE, por moi frustrados que estean de que a Xunta demostre o traballo e o Tripartito non poida amosar nada feito».

    Moldes recalcou que a Xunta está a investir moitos millóns de euros, e intentando facilitar ao máximo o traballo do Tripartito, deixando o vial marcado, expropiando terreos... «pero se o Tripartito non ten partidas económicas ou capacidade de xestión para asumir as súas competencias, e o único que queda sen facer é o que lle corresponde ao Concello de Poio, non poden pagalo co resto de administracións nin cos veciños».

    Moldes ironizou que o problema real do PSOE é que son conscientes de que «todo o que se fixo e se está a facer en Samieira e Raxó é grazas á Xunta», pero conminou aos socialistas «a deixarse de buscar excusas e inimigos» e poñerse «a buscar solucións» para o que depende deles.

    Moldes expresou tamén a súa sorpresa despois de que o alcalde volvese a anunciar a intención de volver promover o “corredor do Castrove” neste mandato, recordando que Silvia Díaz opúxose a ese corredor durante a campaña electoral,  polo que «ou empezan moi cedo cos incumprimentos ou o Sobral ten que poñerse de acordo co resto do Tripartito antes de anunciar nada»

    O voceiro popular volveu agradecer o investimento, o traballo e a capacidade de diálogo da Xunta, e recordou o recente anuncio do Tripartito, despois de asinar o novo pacto de goberno entre os perdedores das eleccións, BNG, PSOE e Avante Poio de que “querían mellorar as relacións institucionais coa Xunta”: «Co ridículo que fixeron hoxe os representantes do PSOE, mal empezan».

Add comment


Security code
Refresh